CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A avaliación será continua e progresiva ao longo do curso.
A cualificación final obterase calculando a media dos tres trimestres dacordo á seguinte ponderación:
1ª Avaliación 20%, 2ª Avaliación 30 %, 3ª Avaliación 50 %.
A cualificación trimestral conformarase coa seguinte ponderación:
-
Comprensión escrita (Reading): 20 %
-
Use of English (Vocabulary and Grammar): 30 %
-
Comprensión oral (Listening): 15 %
-
Expresión escrita (Writing): 20 %
-
Expresión oral (Speaking): 15 %
A cualificación final obterase calculando a media ponderada dos tres trimestres.
A avaliación será positiva cunha cualificación igual ou superior a 5. Aplicarase o redondeo tendo en conta que cando o decimal sexa igual ou superior a 5 o redondeo irá á alza e, pola contra, se é inferior, irá á baixa. A materia cualificarase de forma numérica en números enteiros nunha escala de 1 a 10. A avaliación estará aprobada cando a cualificación, despois de aplicar o redondeo, sexa 5 ou superior.
CONSECUENCIAS DA FALTA DE ASISTENCIA A UNHA PROBA
Cando o alumno/a saiba que vai faltar a unha proba, debe poñerse en contacto co docente con antelación ao mesmo día da proba, xustificar a falta debidamente (cita médica, citación ou xulgado...) e acordar unha nova data de realización da mesma. Cando a falta sexa debida a un imprevisto, a proba realizarase o primeiro día que o alumno/a se incorpore á clase de inglés, sen que o docente teña necesidade de comunicalo. A falta debe xustificarse debidamente (xustificante médico, ou xulgado...). No caso de que o alumno non acuda a unha proba, oral ou escrita, xa sexa ordinaria ou extraordinaria, sen causa xustificada documentalmente (viaxes, visitas a familiares etc) ou ben por outros motivos entre os que non se xustifique que non podía xustificar documentalmente, a proba valorarase con 0 puntos e o exame non se repetirá.