Wikis
Que son as Wikis?
Un Wiki, ou unha Wiki, é un sitio web no que as súas páxinas web poden ser editadas por múltiples voluntarios a través do navegador web. A Wiki está composta por páxinas autoeditables onde os lectores poden cambiar o contido. Estas páxinas poden editarse sinxela, directamente e de forma colaborativa e sen ferramentas adicionais nin coñecementos da linguaxe de Internet.
Polo tanto, calquera usuario pode acceder, contribuír ou modificar libremente o contido dunha web dende o seu navegador.
O primeiro WikiWikiWeb foi creado por Ward Cunningham, quen inventou e nomeou o concepto do wiki. O nome wiki procede do hawaiano, que significa rápido.
Aínda que existen moitas outras aplicacións a de maior peso ata o momento, foi a creación de enciclopedias colaborativas, xénero ao que pertence a Wikipedia.
Wikipedia é un proxecto da Fundación Wikimedia (unha organización sen ánimo de lucro) para construír unha enciclopedia libre e políglota. O seu nome é a combinación das palabras wiki e enciclopedia. Os máis de 11 millóns de artigos de Wikipedia (2,6 millóns en inglés) foron redactados colaborativamente por voluntarios de todo o mundo. A Wikipedia é un símbolo e a demostración de que calquera pode participarno proxecto.