Wikis

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Web 2.0
Libro: Wikis
Imprimido por: Usuario convidado
Día: martes, 25 de noviembre de 2025, 01:15

Descripción

Sobre as wikis

Que son as Wikis?

Un Wiki, ou unha Wiki, é un sitio web no que as súas páxinas web poden ser editadas por múltiples voluntarios a través do navegador web. A Wiki está composta por páxinas autoeditables onde os lectores poden cambiar o contido. Estas páxinas poden editarse sinxela, directamente e de forma colaborativa e sen ferramentas adicionais nin coñecementos da linguaxe de Internet.

Polo tanto, calquera usuario pode acceder, contribuír ou modificar libremente o contido dunha web dende o seu navegador.

O primeiro WikiWikiWeb foi creado por Ward Cunningham, quen inventou e nomeou o concepto do wiki. O nome wiki procede do hawaiano, que significa rápido.

Aínda que existen moitas outras aplicacións a de maior peso ata o momento, foi a creación de enciclopedias colaborativas, xénero ao que pertence a Wikipedia.

wikipedia

Wikipedia é un proxecto da Fundación Wikimedia (unha organización sen ánimo de lucro) para construír unha enciclopedia libre e políglota. O seu nome é a combinación das palabras wiki e enciclopedia. Os máis de 11 millóns de artigos de Wikipedia (2,6 millóns en inglés) foron redactados colaborativamente por voluntarios de todo o mundo. A Wikipedia é un símbolo e a demostración de que calquera pode participarno proxecto.

Vídeo explicativo

Crear unha Wiki

Sistemas de edición:

Wikia [español]
http://es.wikia.com/wiki/Wikia

Wikispaces
http://www.wikispaces.com/

Nirewiki
http://nirewiki.com/es

Wikis in education
http://wikisineducation.wetpaint.com/

Obradoiro de wikis de AulaWiki21

http://aulablog21.wikispaces.com/TALLER+DE+WIKIS

Proxectos de wikis

Wikipedia , a coñecida enciclopedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

Wikcionario é un dicionario:
http://es.wiktionary.org/wiki/Wikcionario:Portada

Wikilibros pon á disposición de calquera persoa libros de texto, manuais, titoriais ou outros textos pedagóxicos de contido libre e de acceso gratuíto.
http://es.wikibooks.org/wiki/Portada

Wikiversidad, wiki de contenido académico libre.
http://es.wikiversity.org/wiki/Portada


Wikiquote, a colección de citas.
http://es.wikiquote.org/wiki/Portada

Wikisource, biblioteca en liña de textos orixinais que se atopan en dominio público ou que fosen publicados cunha licenza GFDL ou Creative Commons.
http://es.wikisource.org/wiki/P%C3%A1gina_principal

Wikimedia Commons, mediateca de arquivos multimedia libres
http://commons.wikimedia.org/wiki/Portada

Wikispecies, repertorio abierto y libre de especies animais e vexetais.
http://species.wikimedia.org/wiki/Portada