amodo, devagar (devagariño), paseniño (paseniñamente), engorde, ao xeito, pouco e pouco, aos poucos

a correr, a escape, á(s) présa(s)

adrede, á mantenta, a propósito, de propósito

de súpeto, de socato, de golpe, de repente, de pronto

ben, mal, mellor (non *millor), peor (non *pior)
a dereitas, ao dereito
ao revés, do revés, ás avesas

a eito, “sen escoller, todo seguido”: botaron a semente a eito
a feito, “a eito”
ás toas, “sen reflexionar, ás cegas”: fas as cousas ás toas, e logo pasa o que pasa
a treo, “de calquera maneira, sen coidado”: arrombou os libros a treo
“en gran cantidade”: houbo sardiñas a treo
ao chou, “ao azar”: botaron as bólas ao chou
“sen reflexionar”: non as pensa, di palabras ao chou
ao xeito, “a xeito”: quedou todo arrombado ao xeito
“que vai ben”: todo vai indo ao xeito
“amodo”: fai as cousas ao xeito
“oportuno”: esa palabra vénme ao xeito

así, asemade, “tan pronto como”: collino asemade o vin

de balde, en balde, gratis

á fin, ao fin, ao cabo

despois (non *dispois), logo
finalmente, ao cabo, ao final, ao remate, ao último, por último, por últimas;
de primeiras, primeiro, ao primeiro, de primeiro, ao comezo, ao principio;
de segundas.

ás escuras, ás cegas (non *a escuras, *a cegas…), ás apalpadas, ás apalpadelas, de recú, de ceacú

a contramán

-mente: con este sufixo formamos adverbios engadíndollelo a adxectivos (sempre na forma feminina): soamente, claramente, malamente, francamente