ADVERBIOS E LOCUCIÓNS ADVERBIAIS
| Sitio: | Aula Virtual Fontexería |
| Curso: | Ortografía e gramática |
| Libro: | ADVERBIOS E LOCUCIÓNS ADVERBIAIS |
| Imprimido por: | Usuario convidado |
| Día: | martes, 25 de noviembre de 2025, 01:15 |
Descripción
Gramática
O adverbio é unha palabra invariable en xénero e número (algúns poden admitir sufixos alterativos: cedísimo, pretiño). Sintacticamente é núcleo dunha frase adverbial (veu cedo) e funciona como modificador dun verbo, dun adxectivo, doutro adverbio, dunha frase preposicional ou dunha cláusula; dentro da oración funciona como complemento circunstancial.
Clasificámolos pola circunstancia que expresan, polo significado:
- De lugar
- De tempo
- De cantidade
- De modo
- De afirmación
- De negación
- De dúbida
- Inclusivos
- Exclusivos
- Particularizadores
- De rectificación
- Conectores
algures, “en calquera lugar”: estará en algures
ningures, “en ningún lugar”: non o vin por ningures
xalundes, “por calquera lugar”: andará por xalundes
onde (non *donde)
u?: interrogativo: “onde está?”
leva guión ante artigo: u-la moza?; non ante pronome: o mozo, ¿ulo?
aquí (non *eiquí), aí (non *ahí), alí
acá, alá: indican un lugar pouco determinado
acó, aló (ven acó, vai aló): úsanse preferiblemente con verbos de movemento
acolá (están acolá embaixo: “nun lugar amplo”)
abaixo, debaixo, embaixo / arriba, derriba, enriba, encima
adiante, avante, diante, en fronte (non *en frente) / detrás
arredor, derredor, ao redor / preto, cerca / lonxe (nunca *lexos)
dentro / entremedias / fóra (lembrar: quedou fóra / non fora el)
á beira, ao lado, ao pé; a carón, a rente(s) / a contramán
alén, “do lado de alá”: vive alén do paseo
aquén, “do lado de acá”: o garaxe teno aquén do río
velaquí (velaquí está), velaí (velaí os tes): son presentativos.

antes, antano: antano as embarcacións ían a vela
daquela: daquela non había avións (pasado); daquela non haberá automóbiles (futuro),
entón, noutrora, outrora: noutrora ían a vela, arestora a motor; outrora falábasme de amor, arestora rosmas)
xacando, “pasado afastado”: xacando a froita estaba sa, non había polución
agora (nunca *ahora), arestora (“neste momento”)
hogano, “neste ano”, “actualmente”: hogano as embarcacións levan motor
hoxe, hoxe en día (non *hoxendía)
despois (non *dispois), logo, axiña (“inmediatamente, decontado”: atendéronnos axiña; chegou axiña), decontado (non *de contado), deseguida (non *de seguida), enseguida, de camiño, ao momento, no momento.
xa, “algo feito ou que xa se vai facer”: xa o enviei, xa cho traio
de alí a(o) pouco, de aquí a pouco, deica un pouco, ao pouco, deica pouco
para o outro día, ao outro día, no outro día, endoutro día
deseguido (non *a continuación) en diante, de aquí en diante.
antes de antonte, trasantonte ou o outro antonte / antonte / onte / hoxe / mañá (non *mañán) / pasadomañá (non *pasadomañán)
nunca, xamais, endexamais
sempre, decote, “habitualmente, a diario; continuamente”: é algo que fai decote
arreo, “seguido”: traballa arreo
acotío (“todos os días”: sae de paseo a cotío), a diario, decotío, decontino, a miúdo
ás veces (non *a veces), por veces, a cada canto, a cada pouco, de cando en cando, de cando en vez, de vez en cando, de raro en raro, de tempo en tempo
mentres (non *mentras), entrementres, namentres, mentres tanto (ela durmía, mentres (entrementres…) os ladróns levábano todo), entremedias (fomos ao porto, entremedias demos un paseo)
asemade: “ao mesmo tempo”: comía e lía o xornal asemade
tarde / cedo / a tempo, en tempo / a deshora, a destempo.

abondo, dabondo, bastante, ben
demasiado, de máis (falaches de máis, non *demais), de sobra
a medias, medio: era medio parvo
moito, moi : falou moito, falou moi serio
todo, de todo: estaba bébedo de todo
máis
menos, de menos
tanto, tan: non se emocionaba tanto, estaba tan tranquilo
algo, pouco
nada
polo menos, escasamente, case (casemente, case que) (non *casi) (eran case que un cento), malamente, exactamente, mesmamente (non *mismamente), só (soamente) (non *somentes), xusto (xustamente), por aí (pescaría, por aí, dúas ducias de luras) por riba, por baixo, ben, mal, apenas (non *a penas)

amodo, devagar (devagariño), paseniño (paseniñamente), engorde, ao xeito, pouco e pouco, aos poucos
a correr, a escape, á(s) présa(s)
adrede, á mantenta, a propósito, de propósito
de súpeto, de socato, de golpe, de repente, de pronto
ben, mal, mellor (non *millor), peor (non *pior)
a dereitas, ao dereito
ao revés, do revés, ás avesas
a eito, “sen escoller, todo seguido”: botaron a semente a eito
a feito, “a eito”
ás toas, “sen reflexionar, ás cegas”: fas as cousas ás toas, e logo pasa o que pasa
a treo, “de calquera maneira, sen coidado”: arrombou os libros a treo
“en gran cantidade”: houbo sardiñas a treo
ao chou, “ao azar”: botaron as bólas ao chou
“sen reflexionar”: non as pensa, di palabras ao chou
ao xeito, “a xeito”: quedou todo arrombado ao xeito
“que vai ben”: todo vai indo ao xeito
“amodo”: fai as cousas ao xeito
“oportuno”: esa palabra vénme ao xeito
así, asemade, “tan pronto como”: collino asemade o vin
de balde, en balde, gratis
á fin, ao fin, ao cabo
despois (non *dispois), logo
finalmente, ao cabo, ao final, ao remate, ao último, por último, por últimas;
de primeiras, primeiro, ao primeiro, de primeiro, ao comezo, ao principio;
de segundas.
ás escuras, ás cegas (non *a escuras, *a cegas…), ás apalpadas, ás apalpadelas, de recú, de ceacú
a contramán
-mente: con este sufixo formamos adverbios engadíndollelo a adxectivos (sempre na forma feminina): soamente, claramente, malamente, francamente…

Normalmente úsanse para reforzar unha afirmación, pois adoitamos afirmar repetindo o verbo: -queres vir? -quero/vou; -traballas hoxe? -traballo
abofé: abofé que si, abofé que ten razón
tamén, así mesmo: amañaron a rúa e, así mesmo, a beirarrúa
de certo, de verdade; claro; si (sen til, *sí); xaora (“desde logo que si, claro que si”: denuncieino eu, xaora)

Non, nin, non xa, sequera (non *siquera), tampouco
Non pode non negar:
-en oracións interrogativas: non marchabas?;
-con ata que: non marches ata que non chegue el;
-en exclamacións e interrogacións con canto: cantas veces non cho dixen!;
-en exclamacións con mira que, mira se: mira se non será toupa.

quizais, quizabes, se cadra, talvez (non *tal vez), se callar, igual, o mesmo, ao mellor, poida que...
disque, seica, polo visto, seguramente
disque, seica, polo visto, seguramente
ata, incluso, mesmo, tamén / tampouco / ademais, de por parte, enriba, por riba, a maiores
só (non *soio), soamente (non *somentes), simplemente, exclusivamente, unicamente
maiormente, mormente, máxime, especialmente, sobre todo
mellor dito, ou mellor / canto máis, máis ben / polo menos, sequera, cando menos, cando moito.
daquela, entón, logo, por conseguinte, consecuentemente, por iso, xa que logo
así e/a todo, con todo, secasí, non obstante, porén, agora, agora ben, pola contra, polo contrario
ao fin, ao cabo, ao final, por último, finalmente.

*a cegas: ás cegas
*de valde: de balde
*a continuación: deseguido
*demais: de máis
*a cotío: acotío
*dispois: despois
*a escuras: ás escuras
*donde: onde
*afin: á fin
*eiquí: aquí
*a mantenta: á mantenta
*en frente: en fronte
*a modo: amodo
*en seguida: enseguida
*a penas: apenas
*hoxendía: hoxe en día
*a presa: ás présas
*lexos: lonxe
*a veces: ás veces
*mañán: mañá
*a reo: arreo
*mentras: mentres
*a toas: ás toas
*millor: mellor
*a veces: ás veces *mismamente: mesmamente
*ahora: agora
*pasadomañán: pasadomañá
*ahí: aí
*pior: peor
*casi: case
*sí: si
*de contado: decontado
*siquera: sequera
*de cote: decote
*soio: só
*de seguida: deseguida
*somentes: soamente
*de vagar: devagar
*tal vez: talvez