antes, antano: antano as embarcacións ían a vela
daquela: daquela non había avións (pasado); daquela non haberá automóbiles (futuro),
entón, noutrora, outrora: noutrora ían a vela, arestora a motor; outrora falábasme de amor, arestora rosmas)
xacando, “pasado afastado”: xacando a froita estaba sa, non había polución

agora (nunca *ahora), arestora (“neste momento”)
hogano, “neste ano”, “actualmente”: hogano as embarcacións levan motor
hoxe, hoxe en día (non *hoxendía)

despois (non *dispois), logo, axiña (“inmediatamente, decontado”: atendéronnos axiña; chegou axiña), decontado (non *de contado), deseguida (non *de seguida), enseguida, de camiño, ao momento, no momento.
xa, “algo feito ou que xa se vai facer”: xa o enviei, xa cho traio
de alí a(o) pouco, de aquí a pouco, deica un pouco, ao pouco, deica pouco
para o outro día, ao outro día, no outro día, endoutro día
deseguido (non *a continuación) en diante, de aquí en diante.
antes de antonte, trasantonte ou o outro antonte / antonte / onte / hoxe / mañá (non *mañán) / pasadomañá (non *pasadomañán)

nunca, xamais, endexamais

sempre, decote, “habitualmente, a diario; continuamente”: é algo que fai decote
arreo, “seguido”: traballa arreo
acotío (“todos os días”: sae de paseo a cotío), a diario, decotío, decontino, a miúdo
ás veces (non *a veces), por veces, a cada canto, a cada pouco, de cando en cando, de cando en vez, de vez en cando, de raro en raro, de tempo en tempo

mentres (non *mentras), entrementres, namentres, mentres tanto (ela durmía, mentres (entrementres…) os ladróns levábano todo), entremedias (fomos ao porto, entremedias demos un paseo)

asemade: “ao mesmo tempo”: comía e lía o xornal asemade

tarde / cedo / a tempo, en tempo / a deshora, a destempo.