13. LETRA X (xe)

13.1. Levan x:

conxuntura, cónxuxe, dexección, disxunción, enxesar, exacular, inxección, inxectar, maxestático, pexorativo, proxección, proxectar, proxecto, proxectil, subxacente, subxugar, traxecto, traxectoria, xacer, xema, xeso, xugular, xustaposición, xerarca, xeroglífico, arxila, bixutería, bocexar, cervexa, clixé, cornixa, Elxe, enxalzar, enxiva, graxa, gueixa, haxix, igrexa, pelexa, solfexo, taxa, xampú, Xangai, xarampón, xastre, xigabyte, xilaba, xincana, xintoísmo, xo!, xordo, xutar, xutador, xute.

13.2. Non levan x :

antollo, antollar, acobillo, aparellador, baralla(r), burbulla, coello, atallo, callar, cella, lentella, tella(do), parella, emparellar, partilla, migalla, exsudar (*exudar) e exsudación.

13.3. Letra x representando /ks/:

asfixia, axila, convexo, elixir, exame, exceder, excelente, exceso, exclamar, exótico, explosión, sexto, sílex, téxtil, tórax, tóxico

Se aparece dúas veces na mesma palabra, a primeira:

  • pode manterse ou mudar para -s-: esaxerar-exaxerar, esixir-exixir…; estranxeiro.
  • pero manterase sempre nas compostas (lexicoloxía, toxicoloxía…) e no sufixo -ex.
Aparece –x final nalgúns estranxeirismos: ántrax, bórax, clímax, coccix, fax-telefax, réflex, relax, tórax, unisex.