I. LETRAS
8. LETRAS M, N, Ñ
8.1. Levan -m final (estranxeirismos e latinismos):
Desiderátum, islam, slálom, tótem, zoom, álbum, quórum, tándem.
Non o levan: auditorio, currículo, referendo; filme, microfilme, telefilme.
8.2 Levan n ou non:
8.2.1. Levan –n- medial (xunto coas súas derivadas):
Abandonar, acondicionar, apaixonar, centena, condena, condenar, escena (*escea), ordenar, prisioneiro, semana (*semán), sereno, sirena, trono, zona (*zoa), sancristía, sancristán.
Levan n- inicial (algúns grupos cultos): mnemotécnico, gnomo, pneumonía.
Levan -n final (préstamos con acento grave): canon, dolmen, himen, lumen.
8.2.2. Non levan –n final:
Abdome, certame, crime, ditame, exame, glute, imaxe, lique, marxe, orde, orixe, pole, seme, virxe, vexame, xerme, réxime, asíndeto.
Tampouco: mañá, mazá, a irmá, a curmá, la (*lan)…
Non levan -n- medial (e derivadas): abotoar, ameazar, amoestar, amontoar, apisoar, area, avea, balea, cadea, campá, cardeal, comadroa, conter, coroar, deostar, doar-doazón, empadroar, enseada, enxaboar, estrear, frear, galardoar, lagoa, latoeiro, limoeiro, limoada, perdoar, pregoar, saba, serea, terreo-terreal, vaidade, cicel.
Tampouco: quecer (*quencer), esquecer (*esquencer), lagosta (*langosta).
8.2.3. Presenza ou ausencia de -n-:
Parónimos:
consoante (s.: letras…) / consonante (adx.: clase de rima)
luar (luz da lúa) / lunar (relativo á lúa; mancha da pel)
serea (ser fantástico) / serena (tranquila, calma)
soar (producir son) / sonar (aparello de detección submarina)
xeral (común) / xeneral (militar)
Familias léxicas irregulares:
bo, boa, aboar, abofé / bondade
campá, campaíña / campanario, campaneiro, acampanado
cardeal / cardinalicio
cea, cear / cenáculo
coroa, coroar, coroación / coronal, coronaria, coronario
entoar, entoación, desentoar / tónico, átono
lúa, luar, aluar, aluado, aluaxe / lunar, lunático, plenilunio
moeda, moedeiro / monetario, monetarismo, monetarista
mosteiro / monástico
orde, desorde / ordenar, ordinario, ordenamento, ordenaza, ordenación…
persoa, persoeiro, (im)persoal(mente) / personalidade, perosonalismo, personalizar, personaxe, personificar
razoar, razoable, razoamento / racional, racionalizar, racionalismo, irracional
soar, (re)soante, resoar, resoador, consoante (s.) / son(ido), sonoro, sonorizar, sonata, asonar, asonante, consonante (adx.), consonántico, consonantismo, resonancia
tebra, tebroso / tenebroso, tenebrismo, tenebrista
vea / venoso, intravenoso
xerar, xeración, xerador, xeral (adx.), xeralmente / dexenerar, dexeneración, rexenerar, xeneral (s.), xeneralizar, xeneralidade, xeneralización
8.3. Confusións entre -n- e -ñ-:
Levan -ñ-:
liñaxe, liñaza.
Admiten as dúas: ganar-gañar, ganador-gañador, sono (ganas de durmir) / soño.
8.4. Terminacións -ino, -iño.