5. LETRA H

5.1. Levan h- inicial:

Habelencia, hamaca, halitose, harén, harmonía (e derivadas), harpía, hasta (“pau”, “corno”…), hélice, helmo, hendecasílabo, herba, hernia, herpes, hexágon, hibernar, hidra, himno, hule

Antropónimos: Helena, Henrique, Hadrián ou Adrián.

Non o levan: arpa, arpón, ermida, ermitán, ermo, inchar, (e derivadas), irmán, irto, oco, ombro, orchata, orfo, óso, ovo, úmero, ata/até, ala! , ola! (saúdo).

5.2. Levan -h- medial:

Aprehender (derivadas), filharmonía, coherente, cacahuete, cohibir, desherdar, exhaustivo, vehículo.

*deshaucio,*deshauciar é castelán, a forma galega é desafiuzamento-desafiuzar.

Non o levan: alelí, baía, truán, vaído; aí, velaí; Xoán.

5.3. Homófonas e parónimas:

abano (abanico) / habano (cigarro)
ai! (interx.) / hai (verbo)
ala! (interx.) / hala (de halar: tirar dun cabo, redes…)
ora (verbo; conx.: ora ri, ora chora) / hora (tempo)
aprender / aprehender (apresar, capturar, comprender…)