I. LETRAS
2. LETRAS C, Z, Q (e K)
2.1. Levan C
Cacto, cénit, cepelín, cigoto, cigurat, cíngaro, eccema, encima, (*enzima), neocelandés, cómic, crac, frac, tic, catiúsca.
Non leva: transo (*trance)
2.2. Levan z
Enxalzar, cariz, chafariz, foz, verniz, xiz; jazz, pizza, pizzería, razzia, zigzag,...
Poden levar c ou z: cinc / zinc, ceta / zeta.
Non levan: regalicia (*regaliz), face (*faz), antiface (*antifaz).
2.3. Levan q
2.4. Levan k
Karate, Kremlin, anorak, folk, káiser, katangués, kiwi, koala, kuwaití, judoka, kamikaze, vodka, Sri Lanka, Frankenstein, burkinense, whisky, Euskadi, stick, stock, rock.
Pode levar k ou c: coala / koala.
Non debemos usar: *playback por son pregravado, *brick por cartón.
2.5. Cua-/ ca- / co-
ca- nas palabras patrimoniais e cultas popularizadas: caderna, caderno, cadrado, cadrar, cadril, cadro, calidade, cartos, catro, encadernar, encadrar, recadar, recadación.
cua- nos cultismos e derivadas cultas: cuarzo, cuadrangular, cuadrante, cuadratura, cuadraxésimo, cuadrícula, cuadrienio, cuadrienal, cuadrilátero, cuadrilla, cuadrimestre, (*cuatrimestre), cuadrimotor, cuadriplicar, cuadrisílabo, cuadrúpede, cuádruplo, escuadra, cualificar, cualificativo, cualificación…, cuantificar…, cuarta, cuartear, cuarteirón, cuartel, cuarteto, cuartilla, cuartillo, cuarto, cuaternario.
Admite ambas: cuantía ou contía.
co-: corenta, corentena, corentón, coresma, corta ou cuarta feira, (mércores)
2.6. Que-/ce-, qui-/ci-
ce-, ci-: tríscele (*trisquel), cirúrxía-cirúrxico (*ciruxía, *quirúrxico).
Pero quiste e derivados.
arqui- / *archi-: arquivo (e derivados).
O prefixo grego arqui- (preeminencia) nunca se resolve en *archi-, senón en:
arqui-: arquidiócese, arquiduque, arquifonema, arquimillorario, arquipélago, arquivolta;
arce-: arcebispo (e derivados), arcediago, arcipreste-arciprestado.
2.7. Sufixos e terminacións:
–cio, cia (-ancia, -encia, -iencia) /-zo, -za; e -ción, -sión /-zón. Ver sufixos e terminacións.