Bolsas e axudas do Ministerio de Educación

Destinatarios:

  • Alumnado de bacharelato.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao medio.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao superior.
  • Alumnado universitario.
  • Estudantes dos graos elementais e medios de Música e danza, ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Alumnado de ensinanzas de Arte Dramática, de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
  • Alumnado de estudos superiores de Música e de Danza, de Deseño e de Artes Plásticas.

Como solicitalas:

  • Adquirir o impreso a través da web do Ministerio de Educación.
  • Entregar no centro docente no que o alumno/a está matriculado.
  • Tamén se poden tramitar por vía electrónica (Sede Electrónica).

Publicación da convocatoria:
3º trimestre de cada ano (con carácter xeral nos meses de xuño ou xullo).