Bolsas, premios, axudas, residencias universitarias e centros residenciais docentes

Sitio: Aula Virtual Fontexería
Curso: Información para estudantes
Libro: Bolsas, premios, axudas, residencias universitarias e centros residenciais docentes
Impreso por: Usuario convidado
Data: xoves, 20 de novembro de 2025, 10:26 PM

Descrición

Bolsas, axudas, premios, centros residenciais docentes e outras axudas

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación

Destinatarios:

  • Alumnado de bacharelato.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao medio.
  • Alumnado de ciclos formativos de grao superior.
  • Alumnado universitario.
  • Estudantes dos graos elementais e medios de Música e danza, ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Alumnado de ensinanzas de Arte Dramática, de Restauración e Conservación de Bens Culturais.
  • Alumnado de estudos superiores de Música e de Danza, de Deseño e de Artes Plásticas.

Como solicitalas:

  • Adquirir o impreso a través da web do Ministerio de Educación.
  • Entregar no centro docente no que o alumno/a está matriculado.
  • Tamén se poden tramitar por vía electrónica (Sede Electrónica).

Publicación da convocatoria:
3º trimestre de cada ano (con carácter xeral nos meses de xuño ou xullo).

Bolsas e axudas da Consellería de Educación

Destinatarios: Alumnado.

Requisitos: Económicos e académicos esixidos na convocatoria.

Publicación da convocatoria: Con carácter xeral no 1º trimestre de cada ano.


Centros Residenciais Docentes

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas posobrigatorias non universitarias e de réxime especial.

Destinatarios:

Alumnado que cursen os as ensinanzas posobrigatorias non universitarias que se indican nos centros que se detallan na convocatoria.
Para poder optar á praza de residencia os aspirantes deberán acreditar a circunstancia de non poder cursar os estudos solicitados por non haber un centro sostido con fondos públicos que imparta os devanditos estudos, ben na localidade de residencia, ben nunha localidade próxima que permita, polos medios de comunicación da zona, un acceso diario con facilidade. Con carácter particular, e documentalmente acreditado, poderanse ter en conta outras circunstancias, como condicións de orfandade, fillo de emigrantes ou situacións familiares moi graves.

Como solicitalas:

Publicación da convocatoria:

No 3º trimestre de cada ano (con carácter xeral no mes de maio).

Máis información:

Residencias universitarias

Buscadores de bolsas

Buscador de bolsas de Universia

Buscador