Impress
EFECTOS
Se seleccionamos calquera elemento dunha diapositiva, podémoslle dar un efecto especial desencadeado por unha acción (normalmente do usuario ou redactor da presentación.
O recurso mais frecuente é non visualizar todos os elementos dunha diapositiva ao mesmo tempo, senón que poidan ir asomando a medida que o redactor da presentación vai narrando os novos conceptos. Este recurso fai a presentación mais dinámica xa que non permanece todo o contido dunha diapositiva mentres se está a explicar, senón que se vai completando durante a súa explicación.
Para engadir un efecto seguemos os pasos:
Seleccionamos o elemento (texto, imaxe,…). Na barra de tarefas da dereita, collemos a solapa Animación personalizada.
Pulsamos (clic co rato) no botón Engadir.
Aparecen varias solapas (Entrada, énfase, saír, camiños de movemento). Os efectos están agrupados nestas catro seccións, e dicir podemos elixir un efecto para o momento en que aparece o elemento ou ben un efecto que resalte o elemento mentres está visible (como permanece, por exemplo intermitente), ou ben o efecto que queremos que teña ao desaparecer ou ben se queremos que apareza recorrendo un camiño pola diapositiva ata alcanzar a súa posición.
Unha vez seleccionado o efecto, temos que indicar como se incia. Na lista iniciar aprecen tres valores:
Cando prema (O efecto se inicia ao premer –clic- na diapositiva)
Co anterior. Aparece ao mesmo tempo que o anterior (esta é a opción por defecto se non creamos efectos – todos os elementos de diapositiva aparecen ao mesmo tempo-)
Após o anterior. Aparece despois do anterior elemento que inserimos na diapositiva. Aquí podemos especificar canto tempo hai entre un e outro indo ao botón a dereita de propiedades e elixindo na solapa intervalos de tempo os segundos entre un elemento e o seguinte.
Para probar estes efectos o mais axeitado e darlle distintos efectos aos elementos dunha diapositiva e ir cambiando os valores para ver como se comportan.
Para cambiar ou eliminar efectos dun elemento, seleccionamos o elemento e na solapa Animación personalizada pulsamos o botón Cambiar ou Eliminar.
Pódense engadir varios efectos a un mesmo elemento (pero hai que ter coidado con isto, porque pode facer a presentación demasiado cargada).
Sempre temos unha lista con todos os efectos da diapositiva actual, que aparece debaixo da lista de velocidade. Hai que ter coidado que cando cambiamos un valor dun efecto, por exemplo a súa velocidade esteamos a facelo no efecto correcto (seleccionámolo antes) e no elemento correspondente.
Fixémonos no recadro:
Neste exemplo vemos que na diapositiva actual, temos tres efectos aplicados en dous elementos. O primeiro efecto e para un elemento FontWork, e os dous seguintes son para unha imaxe (Mapa de bits 1), como podemos ver na lista de efectos.
Ao seleccionar o último efecto, vemos que pon o seu nome antes dos valores do mesmo (Efecto Corazón). Sempre debemos fixarnos neste título para saber a que elemento e efecto estamos a afectar.
As frechas do recadro vermello permiten alterar a orde en que se van producindo os efectos na diapositiva. Podemos subir os efectos o baixalos para que se produzan na orde que queiramos.