TRANSICIONS

Se usamos o asistente de presentacións cando entramos no Impress, na terceira pantalla permítenos elixir o efecto co que van aparecer as sucesivas diapositivas, así como o tempo de transición entre elas. Os valores elixidos nesta pantalla, son aplicados a toda a presentación.

Pero podemos cambiar estes valores para unha ou varias diapositivas en concreto, ben por querer resaltalas con respecto as demais, ou ben para facer menos monótona a presentación. De todos os xeitos, hai que buscar un equilibrio, para non facer a presentación demasiado caótica.

Se queremos cambiar a transición e o efecto con que aparece unha diapositiva podémolo facer do seguinte xeito:

* Seleccionamos na barra de diapositivas, aquela que queremos cambiar (aparece a diapositiva no área de traballo).

* Seleccionamos na barra de tarefas da dereita a solapa transición de diapositivas:

transi

Como vemos, aparece unha lista con todos os efectos de transición posibles, neste caso seleccionamos o efecto Xirar en sentido horario, 3 raios.

· Seleccionamos a velocidade (Lento, Medio ou Rápido) do efecto.

· Poñemos son (se o desexamos), elixindo un dos que aparecen na lista, ou ben a opción outro son, que permite seleccionar un arquivo de son dalgunha carpeta do ordenador.

Non é recomendable poñer un arquivo de son a unha soa diapositiva, porque isto fai que se corte cando vai á seguinte.

· No apartado Avanzar diapositiva eliximos que avance ao premer o rato ou ben cando pasen os segundos que elixamos.

Recordemos que todos estes valores son aplicables á diapositiva seleccionada (ou ás que están seleccionadas se hai mais dunha).

Se queremos que os valores sexan aplicables a toda a presentación pulsamos o botón Aplicar a todas as diapositivas.