Impress
INSERIR OUTROS OBXECTOS
Podemos inserir tamén outros obxectos. Imos fixarnos en primeiro lugar na barra de ferramentas de debuxo da parte inferior.
Liñas : Podemos inserir liñas para dividir a diapositiva en varios sectores ou resaltar algunha área concreta. Poder ter calquera dirección: horizontal, vertical ou oblicua.
Frechas : Podémolas usar para indicar algún elemento da diapositiva ou para unir elementos que seguen unha secuencia.
Rectángulos : Podemos inserir cadrados ou rectángulos, pero debemos ter en conta que é un elemento máis, non é como un bordo de un texto que conforman un só elemento. Polo tanto temos que ter coidado de si está superposto con outros elementos debemos indicar cal deles aparece por enriba do outro. Para isto usaremos a icona Dispor desta mesma barra.
Elipses : Permite inserir círculos ou elipses.
Texto : Xa o vimos anteriormente
Curvas . Permite inserir curvas irregulares
Conectores : Serven para unir dous elementos e, basicamente poden ter unha ou dúas frechas dependendo da relación que queremos indicar entre eles.
Formas básicas : Permite inserir cadrados, círculos, elipses, rombos, trapecios, cruces e outros elementos que podemos ver ao despregar esta icona ca frecha que ten a súa dereita.
Símbolos : Podemos despregar a icona para elixir un dos símbolos que aparecen.
Frechas dobres ou largas : Permiten inserir outros tipos de frecha con diversos deseños.
Fluxogramas : Podemos despregala par elixir algún dos símbolos que se usan habitualmente na confección de diagramas de fluxo ou de organigramas de organizacións.
Textos explicativos : Permiten inserir bocadillos ou pestanas explicativas na diapositiva.
Estrelas : Para inserir diversos deseños en forma de estrela.
Puntos : Se temos un elemento e queremos cambiar a súa forma inserimos un punto de axuste pinchando no elemento despois de pinchar na icona da barra de ferramentas, e logo cando seleccionamos o elemento aparece ese punto marcado. Se nos poñemos enriba del aparece unha man de xeito que pinchando o rato e arrastrándoo cambia o aspecto do elemento. Permite por exemplo, converter un rectángulo en outro cos bordes redondeados.
Puntos de colaxe : Un punto de colaxe é un punto de conexión personalizado ao cal se pode anexar un conector . OpenOffice.org coloca por defecto automaticamente un punto de conexión no centro de cada un dos laterais do rectángulo que limita cada un dos obxectos creados. Se creamos un punto de colaxe en calquera outro sitio do elemento, os conectores que poñamos irán parar nel.
Galería de FrontWork : Permite seleccionar tipos de letra especiais.
Rodar : Permite rodar o elemento. Cambiar a sua orientación.
Aliñamiento : Permite aliñar o obxecto dentro da diapositiva. Se consideramos a diapositiva dividida nunha cuadrícula de tres por tres, podemos poñer o elemento en calquera das nove áreas.
Dispor : Permite escoller cal elemento aparece por enriba ou debaixo doutros, cando existen elementos superpostos.
Outros elementos que podemos inserir: Nº de páxina, Data e Hora, Campos (Autor, Título), hiperligazóns, Táboas, Video e Son, gráficas, …