Impress
CREACION DE PRESENTACIONS
Creación dunha presentación.
Para crear unha presentación temos que ir deseñando cada unha das diapositivas que a compoñen. Cada unha das diapositivas pode conter texto, imaxes, gráficos e outros elementos. Estes elementos poder ir asomando con distintos efectos que iremos engadindo xunto co deseño, e poden responder a distintas accións como por exemplo asomar un elemento ao facer clic co rato.
Así mesmo, unha vez que temos todas as dispositivas deseñadas e con seu contido, tamén podemos elixir o tipo de transición entre unhas e outras, que pode ser automático (cada n segundos) ou ben manual (cando o expositor ou relator o desexe).
Antes de iniciar o traballo para realizar unha presentación debemos decidir se queremos empezar o deseño das diapositivas desde cero, ou usar algunha das plantillas que o Impress incorpora, o que facilita a construción, pero deixa menos iniciativa a orixinalidade da presentación. Tamén podemos usar como plantilla unha presentación feita con anterioridade e cambiar o que desexemos na nova.
Creación de diapositivas usando plantillas.
Ao iniciar o Impress, aparece o asistente de presentacións que xa vimos no primeiro apartado. É moi limitado.
Imos usar entón unha plantilla de “estilo de diapositiva”. Nesta ventá, eliximos dúas cousas:
Estilo de diapositiva que queremos para todas as diapositivas da presentación (podemos posteriormente cambiar as diapositivas individualmente)
Soporte en que imos a ter a presentación:
Pantalla (quere dicir que a presentación imos facela por ordenador empezando por amosar a primeira diapositiva e avanzando ata a derradeira).
Transparencia (O obxectivo final da presentación e imprimila en transparencias para o seu posterior uso cun proxector de transparencias).
Diapositiva (O obxectivo final e pasalos a diapositivas para expoñer a presentación cun proxector de diapositivas).
Papel (O obxectivo final e imprimilo en papel normal -A4, folio, ...-).
A diferenza mais importante entre unha presentación en pantalla e as demais e que en pantalla, permite realizar transicións e efectos que nas outras non existen. Deixamos Pantalla.
En canto ó estilo da dispositiva podemos elixir entre unha chea de fondos de dispositiva. Para isto, despregamos a lista que hai debaixo de “Fondos de presentacións”, e ao facer clic nun estilo aparece unha previsualización na ventá que hai a dereita. Cando teñamos a que nos gusta mais pulsamos o botón “Seguinte”.
Por último, antes de entrar no deseño individual de cada diapositiva, podemos elixir:
· Efecto (como queremos que aparezan as diapositivas)
· Velocidade do efecto (Lento, Medio ou Rápido).
· O tempo que permanecen as diapositivas na pantalla e o tempo de pausa antes de amosar a seguinte.
Para as dúas primeiras opcións despregamos a lista de valores na frecha correspondente e ao facer clic vémolo o efecto e a velocidade con que aparece este na ventá de previsualización da dereita.
Para a transición entre diapositivas podemos deixar marcada a opción predefinido (o que obriga a facer clic co rato para pasar dunha a outra) ou ben marcar automático e elixir nos os tempos de duración de páxina e duración de pausa. Unha vez elixidos estes valores, pulsamos (clic co rato) no botón “Crear”. Aparece xa a ventá de traballo onde imos ir creando os contidos das distintas diapositivas.