A INTERFACE GRÁFICA

Ventá de traballo:

ventana_traballo

Barra de título. Amosa o nome do documento actual e o nome do programa.

Barra de menús. Amosa unha serie de menús. Cada menú se desprega ao pulsar enriba del.

Barras de ferramentas.

Barra Estándar, que contén unha serie de botóns correspondentes as opcións mais usadas e que imos a ver.

Barra liña e enchemento, que contén unha serie de botóns correspondentes ao estilo e cor das liñas que usemos e os enchementos das areas da diapositiva

Barra de presentación, que contén botóns para inserir unha nova diapositiva, cambiar o estilo dunha ou iniciar a presentación.

Barra de ferramentas de debuxo. Aparece na parte inferior, enriba da barra de estado.

As barras de ferramentas pódense configurar no menú Ver.

Barra de estado. Amosa información diversa.

Barra de diapositivas. Atópase na parte esquerda da pantalla de traballo, e amosa as diapositivas que forman a presentación en miniatura, de xeito que podemos seleccionar calquera para traballar nela, engadir ou inserir novas diapositivas, ou borralas.

Barra de tarefas. Situada na parte dereita da pantalla de traballo, e de gran importancia, pois permite realizar as tarefas mais frecuentes na construción da presentación. Pola cantidade de tarefas que inclúe, está dividida en cinco solapas que son as seguintes:

Páxinas principais (Permite seleccionar entre varios deseños para todas as páxinas da presentación).

Deseños (Permite seleccionar entre varios deseños para a diapositiva actual).

Deseño da táboa. (Permite inserir unha táboa con un determinado deseño, nunha diapositiva).

Animación personalizada (Permite engadir distintos efectos aos obxectos incluídos nas diapositivas)

Transición de diapositivas (Permite elixir como van ir aparecendo as diapositivas durante a presentación).