AO ABRIR A APLICACIÓN

Cando se entra ao programa aparece a seguinte ventá:

asistente

En Tipo, podemos elixir se queremos crear unha nova presentación desde cero (Presentación baleira), usando un modelo (desde modelo, que permite elixir unha plantilla ou fondo predeseñado) ou abrir unha presentación creada anteriormente (Abrir unha presentación existente).

Na dereita aparecerá o deseño tipo elixido segundo a opción anterior (só si esta marcada a casiña Previsualizar).

Marcando a casiña “Non mostrar este asistente de novo”, non volverá a verse este asistente e a próxima vez, cando entremos no programa irá directamente a pantalla de traballo. (Mellor NON marcar esta casiña).

Ao pulsar o botón Seguinte podemos elixir o estilo de fondo de diapositiva que imos usar por defecto para toda a presentación (se queremos) así como o medio de saída da presentación (normalmente pantalla), aínda que podemos elixir transparencia, diapositiva ou papel.

Ao pulsar o botón Seguinte aparece a seguinte ventá (podemos saltala si na anterior pulsamos o botón Crear)

asist2

Esta ventá permite configurar o modo en que se van a realizar as transicións entre unhas diapositivas e outras, así como o tipo de presentación elixida (estes valores aplícanse a todas as diapositivas que creemos na presentación. Se queremos que algunha delas teña valores distintos, haberá que cambialo posteriormente).

No cadro de selección Efecto eliximos como queremos que apareza cada unha das diapositivas, e no cadro Velocidade, con que velocidade aparecen.

No grupo onde pon Seleccione o tipo de presentación, hai dous botóns de opción:

Predefinido. Se o deixamos o paso dunha diapositiva a outra e manual, e dicir temos que pulsar unha tecla (normalmente o espazador) ou facer clic co rato para pasar a ver a seguinte.

Automático: Neste caso, durante a presentación, o paso dunha diapositiva á seguinte e automático. Podemos darlle o tempo que queremos que permaneza en pantalla unha diapositiva antes de presentar a seguinte.

Unha vez seleccionados, pulsamos o botón Crear e aparece xa a ventá de traballo do programa, onde imos construíndo as diapositivas que forman a presentación.