Concepto de Web 2.0
Completion requirements
O obxectivo é entender que é iso da Web 2.0
Características e peligros
A actual World Wide Web xa non é a que comezamos a coñecer a mediados dos anos noventa do século XX, é dicir, un espazo virtual estático onde se publicaban páxinas web principalmente informativas con poucos recursos interactivos. Duns anos a esta parte, a nova Web 2.0 converteuse nun espazo participativo cheo de ferramentas que permiten a colaboración dos usuarios de xeito sinxelo e gratuíto. Ademais, a inclusión na Web de moitos elementos multimedia favoreceu a participación dos usuarios, atraídos por tantas novidades que foron aparecendo rapidamente.
Características da Web 2.0
-
Son dinámicas, participativas e colaborativas. Non hai unha estrutura xerárquica que organice os contidos.
-
O software é un servizo non un produto: non é necesaria a instalación de software no ordenador.
-
A etiqueta (ou tag) como idea clave. Os sitios son doados, usables e áxiles para localizar a información. Existe un verdadeiro impulso creativo por parte dos usuarios, que son os protagonistas.
- Os coñecementos compártense e moitas veces elabóranse en colaboración, co cal as autorías son colectivas. A orixinalidade creativa ten cada vez menos sentido.
-
A Web é unha enorme aula, pois todo nela contribúe á aprendizaxe.
Estas características relaciónanse coa nova sociedade da información e do coñecemento.
Perigos da Web 2.0
-
A privacidade de datos confidenciais e persoais non está asegurada, aínda que as licenzas dos servizos adoitan asegurar o contrario. Algunhas empresas utilizan eses datos para formar un perfil do usuario de modo que poidan enviarlle publicidade adaptada aos seus intereses.
-
A proliferación de ferramentas e recursos pode confundir o usuario, sobre todo se temos en conta que moitos servizos son efémeros e se atopan en constante estado beta, é dicir, en construción permanente.
-
A confusa situación das licenzas de propiedade intelectual levou á creación das famosas licenzas Creative Commons, que remedian en parte a situación. Son moitos os usuarios que cren que poden dispoñer de calquera material que estea publicado na Web para utilizalo coma se fose propio, pero que hai que fixarse sempre na licenza con que se publican.
-
A agresividade do mercado das novas tecnoloxías e a súa tendencia ao monopolio.