Concepto de Web 2.0

Site: Aula Virtual Fontexería
Cours: Web 2.0
Livre: Concepto de Web 2.0
Imprimé par: Usuario convidado
Date: jeudi 20 novembre 2025, 22:41

Description

O obxectivo é entender que é iso da Web 2.0

Concepto de Web 2.0

A Web 2.0 ou Web interactiva refírese a unha nova xeración de Webs onde os contidos son compartidos e tamén producidos polos propios usuarios da web.

Web 2.0

As novas tecnoloxías fan que sexa máis sinxelo publicar información e compartila. De feito, para algúns a web 2.0 permite que a "ditadura do programador" chegue a súa fin: persoas sen coñecementos de informática poden crear as súas propias webs sen a necesidade de dominar unha linguaxe propia de Internet. Por exemplo, os sistemas xestores de contido (Content Management Systems, CMS) fan que calquera persoa, ainda que non saiba nada sobre programación Web, poida xestionar o seu propio sitio web.

As páxinas estáticas son aquelas que existen todo o tempo nun arquivo nalgún servidor Web. As páxinas dinámicas son aquelas que se crean cando unha persoa interactúa cun servidor Web, por exemplo a resposta a unha consulta nun buscador ou o resultado de encher un formulario nun sitio de comercio electrónico. Actualmente, a maior parte da WWW é dinámica.

O termo Web 2.0 foi acuñado por Tim O'Reilly en 2004 para referirse a unha segunda xeración na historia da Web baseada nunha gama de servizos, como as redes sociais, os blogs, os wikis, que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os usuarios.

Os principais utilidades e servizos son:

  • Wiki: Edición de sitios e páxinas web por diversas persoas de forma colaborativa.
  • Blog: Páxinas web que funcionan a modo de diario persoal. Fotoblog e Videoblog.
  • RSS: Servizo de subscrición, busca e consultas de noticias de todo tipo.
  • Podcast: Rede de difusión de noticias en formato sonoro.
  • Redes sociais: sirve para conectar a las persoas cos seus amigos e facer novos amigos no proceso.
  • P2P: Redes entre iguais, redes punto a punto.
  • Aplicacións en liña: Programas que se poden utilizar e executar directamente dende o sitio web onde se encontren aloxadas, sen necesidade de instalalas no ordenador, aforrando espazo no disco duro.

A maioría destes servizos requiren un rexistro por parte do usuario. Para iso será preciso dispoñer dunha conta de correo electrónico, e recordar un nombre_de_usuario e un contrasinal.

Recoméndase polo menos ter unha conta con GMail. A conta de Gmail é moito máis que unha simple conta de correo, é un pasaporte que nos permite acceder a innumerables servizos de Google sen ter que volver rexistrarnos. O Universo Google cada día abrangue máis e máis...

universoGoogle

Características e peligros

A actual World Wide Web xa non é a que comezamos a coñecer a mediados dos anos noventa do século XX, é dicir, un espazo virtual estático onde se publicaban páxinas web principalmente informativas con poucos recursos interactivos. Duns anos a esta parte, a nova Web 2.0 converteuse nun espazo participativo cheo de ferramentas que permiten a colaboración dos usuarios de xeito sinxelo e gratuíto.  Ademais, a inclusión na Web de moitos elementos multimedia favoreceu a participación dos usuarios, atraídos por tantas novidades que foron aparecendo rapidamente.

Características da Web 2.0

  1. Son dinámicas, participativas e colaborativas. Non hai unha estrutura xerárquica que organice os contidos.
  2. O software é un servizo non un produto: non é necesaria a instalación de software no ordenador.
  3. A etiqueta (ou tag) como idea clave. Os sitios son doados, usables e áxiles para localizar a información. Existe un verdadeiro impulso creativo por parte dos usuarios, que son os protagonistas.
  4. Os coñecementos compártense e moitas veces elabóranse en colaboración, co cal as autorías son colectivas. A orixinalidade creativa ten cada vez menos sentido.
  5. A Web é unha enorme aula, pois todo nela contribúe á aprendizaxe.

Estas características relaciónanse coa nova sociedade da información e do coñecemento.

Perigos da Web 2.0

  1. A privacidade de datos confidenciais e persoais non está asegurada, aínda que as licenzas dos servizos adoitan asegurar o contrario. Algunhas empresas utilizan eses datos para formar un perfil do usuario de modo que poidan enviarlle publicidade adaptada aos seus intereses.
  2. A proliferación de ferramentas e recursos pode confundir o usuario, sobre todo se temos en conta que moitos servizos son efémeros e se  atopan en constante estado beta, é dicir, en construción permanente.
  3. A confusa situación das licenzas de propiedade intelectual levou á creación das famosas licenzas Creative Commons, que remedian en parte a situación. Son moitos os usuarios que cren que poden dispoñer de calquera material que estea publicado na Web para utilizalo coma se fose propio, pero que hai que fixarse sempre na licenza con que se publican.
  4. A agresividade do mercado das novas tecnoloxías e a súa tendencia ao monopolio.

Vídeo explicativo

Web 2.0 e Educación é un vídeo sobre a chamada web 2.0 e as súas posibles aplicacións educativas.  Está realizado por Educastur.

Este traballo acóllese a unha licenza Creative Commons, que permite copiar, difundir, compartir e modificar o contido, sempre e cando se distribúa cunha licenza equivalente.

Se queredes, tamén podedes descargar o texto completo do vídeo en:

http://blog.educastur.es/files/2007/06/web2_0v02.pdf


Web 2.0 y Educación
Cargado por eduprograms. - Descubre más videos de ciencia y hi tech.

Enlaces para saber máis e de ferramentas

Estes son algúns enlaces interesantes:


WikiDidácTICa Buenas PrácTICas 2.0 do ITE
http://recursostic.educacion.es/buenaspracticas20/apls/MediaWiki/index.php/P%C3%A1gina_Principal

Edutec. Revista Electrónica de Tecnología Educativa. Web Educativa 2.0
http://www.uib.es/depart/gte/gte/edutec-e/revelec20/anibal20.htm

Herramientas Web 2.0, de Aníbal de la Torre.
http://www.adelat.org/media/docum/herramientas20/

Las cien mejores aplicaciones web para 2008
http://www.webware.com/html/ww/100/2008/winners.html

Entienda la Web 2.0 y sus principales servicios
http://www.eduteka.org/Web20Intro.php

Catálogo de recursos didácticos da web 2.0
http://www.unir.net/wikiweb20/

AulaWiki21:
http://aulablog21.wikispaces.com/

AulaWiki21 - crear unha revista:
http://aulablog21.wikispaces.com/crearunmagazine

Web 2.0 para Dummies:
http://blog.loretahur.net/2007/03/web-20-for-dummies.html

Web 2.0 e as súas aplicacións didácticas.
http://peremarques.pangea.org/web20.htm

Ferramentas das webs 2.0:
http://unileon.wikispaces.com/Listado+de+herramientas+web+2.0

http://www.eduteka.org/Web20Intro.php

http://herramientasweb20.educvirtual.org/index.php?title=Portada

http://web2aula.wikispaces.com/

http://webs.uvigo.es/pcuesta/enlaces/

http://web2gal.wikispaces.com/

Exemplo de tags

tags