Dieta saudável
Bo día clase:
Imos facer unha tarefa de concienciación sobre a nosa dieta. Consiste no seguinte:
- Facer un diario con todo o que comemos durante seis días (se pode ser, incluide fotos dos platos antes de comelos).
Exemplo:
DIA 1. Desaiuno: 1 vaso de leite, 5 galletas, 1 vaso de zume de laranxa ca polpa
Media mañán: bocadillo de xamón e paquete de galletas
Comida: 1 prato de lentellas (lentellas, cenoria e chourizo)
Merenda: bocadillo de pavo e 1 mazá
Cena: 6 croquetas e patacas fritas
- Dividir os alimentos en porcións aproximadas (ver folla de medidas adxunta)
Exemplo:
1 vaso de leite (1 porción nivel 3), 5 galletas (2 porcións nivel 4), 1 vaso de zume de laranxa ca polpa (1 porción nivel 2).
- Debuxar unha pirámide alimenticia con catro niveis e distribuir as porcións totais dos seis días nos niveis correspondentes (ver foto adxunta)
Exemplo: Nivel 4: 10 porcións
Nivel 3: 12 porcións
Nivel 2: 3 porcións
Nivel 1: 16 porcións
- Extraer unha conclusión.
Exemplo: A miña pirámide alimenticia está equilibrada / non está equilibrada...
Debería tomar máis porcións / menos porcións dos seguintes grupos alimenticios: ...
Se tedes dúbidas con algún alimento, Google responde á pregunta: en qué nivel alimenticio se encontra... (poñer alimento) ?
ESTA TAREFA NON PUNTUA MÁIS POR TER A DIETA EQUILIBRADA, NON VALE A PENA MENTIR.
A data de entrega de esta tarefa é o 8 de Marzo.
Para a entrega do traballo tedes varias opcións:
- Facer un arquivo PDF con todas as fotos e entregalo aquí na Aula Virtual.
- Meter as fotos nun pendrive e entregalo na clase de Educación Física (con volta, por suposto)
- Imprimir as fotos e entregalo en formato papel na clase de Educación Física
- Mostrarme as fotos desde o voso movil (A letra ten que ser leexible)
Se tedes calquera dúbida ca tarefa, podedes preguntarme na clase.
Un saúdo,
Alberto Fernández
- 16 de febreiro de 2026, 7:18 PM
- 16 de febreiro de 2026, 7:18 PM