DT9_Documentación para legalización de IE de BT en Industria
Realizar o proceso de alta en Industria dunha instalación eléctrica de BT que non require proxecto, mediante o procedemento IN614C. Entregar en formato pdf (ambos formatos están dispoñibles na web da sede electrónica da Xunta, baixo o procedemento citado:
- MTD
- Certificado da Instalación
A instalación é a dunha vivenda unifamiliar con grao de electrificación básico. O CGMP consta de 1 IGA de 25A, 1 diferencial de 40A, 30mA, e os PIA´s que se indican na ITC-BT-25. Os circuitos son 5 e as características as que indica a ITC. Consideramos unha lonxitude de 50m para o C1 e o C2, e de 25m para o resto.
A DI que vai dende a CPM situada na fachada ata o CGMP ten unha lonxitude de 10m, con cable de Cu de 6mm2, unipolar, con aillamento XLPE, e instalación baixo tubo empotrado en obra con paredes aillantes.
Realizar o esquema eléctrico en EPLAN (unifilar)
Para o plano da instalación empregar o realizado con Autocad na tarefa DT2