Circuito de forza nas instalacións do meu pobo
Como xa sabedes, no noso Concello dispoñemos dunha zoa para o traballo da forza. Esta zoa divídese en dúas partes. Nunha a maquinaria existente dirixe o noso movemento, tendes as fotos que vos enviou o voso compañeiro.
E a otra parte, denominada calistenia, os exercicios realízanse co noso propio peso corporal.
A tarefa a realizar é por grupos onde tedes que investigar sobre as máquinas e mostrar mediante vídeos como se realizan os exercicios, explicalos e mostrar que grupos musculares están implicados en cada exercicio.
Sería interesante que vós, coñecedores dos beneficios da práctica deportiva, e da boa execución dos exercicios, poidésedes fomentar o uso deste tipo de instalacións aos vosos familiares. Vós como excelentes ADESTRADORES PERSONAIS introduciredes ou aumentaredes a práctica deportiva, neste caso a forza, nas vosas casas.