Skip to main content
AV
  • English ‎(en)‎
    English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access (Log in)

Orientación académica e profesional_ Alumnado BACH

  1. Dashboard
  2. Courses
  3. DEPARTAMENTOS - Repositorio obsoletos
  4. Orientación
  5. POAP_BACH
  6. General
  7. Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Des...

Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2021/2022

Completion requirements
Opened: Tuesday, 25 May 2021, 12:00 AM
Due: Thursday, 17 June 2021, 12:00 AM

A Consellería de Educación vén de publicar as instrucións de acceso aos Estudos superiores de Deseño para o próximo curso 2021/2022. Aquí tedes toda a información e para consultas non dubidedes en acudir ao Departamento de Orientación.

ESTES ESTUDOS IMPÁRTENSE NOS SEGUINTES CENTROS: 
Ver oferta na web da Consellería. 
  • Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos
  • Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico
  • Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico
  • Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico
REQUISITOS DE ACCESO: 

1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:
  • Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño (teñen acceso directo sin teren que realizaren a proba específica).
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de acceso (proba substitutiva dos requisitos de titulación). 
IMPORTANTE: PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS (PROBA SUBSTITUTIVA DO REQUISITO DE TITULACIÓN):
  • O día 28 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
  • Ver horarios e características da proba na Resolución do 4 de maio (Anexo I)
  • Publicación da listaxe de persoas que superaron a proba: 30 de xuño nos taboleiros de cada centro e no portal http://www.edu.xunta.gal
  • A superación desta proba ten validez permanente en todo o Estado.
 
2º Superar unha proba específica de aptitudes:
  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos, excepto para os que posúen un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 e 4.2 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos estudos superiores de Deseño terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores, e terá carácter unificado para todos os aspirantes.
  • A superación da proba solo faculta ó aspirante para participar no proceso de admisión.
  • Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba acreditando documentalmente a súa condición de discapacidade (acreditación oficial). Resérvase un 10% das prazas en caso de discapacidade de 33% ou máis. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 
 
ACCESO DIRECTO: 
  • Terán acceso directo, sin ter que realizar esta proba específica de aptitudes os que teñan un título de Técnico superior en artes plásticas e deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas ofertadas. 
  • Deberán participar igualmente no proceso de admisión. 

INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
  • O prazo de inscrición vai do  19  de maio ó 17 de xuño de 2021 incluídos.
  • Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
  • Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías das escolas de arte e superiores de deseño.
    • Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2021.pdf Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2021.pdf
      25 May 2021, 11:48 AM
    ◄ Xornadas de Portas Abertas Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
    A UDC nun CLIC ►

    Blocks

    Supplementary blocks

    Skip Navigation

    Navigation

    • Dashboard

      • Site home

      • Site pages

        • My courses

        • Tags

        • ForumNoticias do sitio

      • My courses

      • Courses

        • DEPARTAMENTOS - Repositorio obsoletos

          • Bioloxía e Xeoloxía

          • Debuxo

          • Economía

          • Educación Física

          • Filosofía

          • Física e Química

          • Formación e Orientación Laboral

          • Francés

          • Informática

          • Inglés

          • Instalacións Eléctricas e Automáticas

          • Lingua e Literatura Castelás

          • Lingua e Literatura Galegas

          • Linguas Clásicas

          • Matemáticas

          • Música

          • Orientación

            • Aula PT

            • POAP

            • POAP_3ESO

            • POAP_4ESO

            • POAP_BACH

              • General

                • ForumForo de novas

                • ForumDúbidas de orientación académica e profesional_Bac

                • AssignmentPublicado o Calendario de Admisión da FP_Curso 202...

                • AssignmentEncontros Virtuais na Zona USC

                • AssignmentTaboleiro de Orientación académica e profesional_A...

                • AssignmentMENSAXE NOVA: Oferta da FP en Galicia

                • AssignmentXornadas de Portas Abertas Escola Superior de Arte...

                • AssignmentInstrucións de acceso ós Estudos Superiores de Des...

                • AssignmentA UDC nun CLIC

                • AssignmentA Xunta convoca prazas de residencia para estudant...

              • UNIFeria_febreiro 2021

              • GIRL STEM_Derrubando estereotipos

            • PROBAS LIBRES FPCM

            • Emocional

            • SUG

            • Transición de primaria a ESO

            • ABAU

            • Elección de itinerarios despois da ESO

            • Orientación

          • Relixión

          • Tecnoloxía

          • Xeografía e Historia

          • Indeterminado

        • PISA25

        • ETAPA / CURSO - Materiais actuais

        • PROXECTOS

        • OUTROS

    You are currently using guest access (Log in)
    POAP_BACH
    • English ‎(en)‎
      • English ‎(en)‎
      • Español - Internacional ‎(es)‎
      • Français ‎(fr)‎
      • Galego ‎(gl)‎
    Data retention summary
    Policies
    Get the mobile app