Traballo sobre aditivos
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 15 de febreiro de 2026, 12:00 AM
Pendente: domingo, 8 de marzo de 2026, 8:00 PM
Bo día clase:
Para este trimestre imos facer unha pequena investigación sobre os aditivos na comida, que son sustancias engadidas para darlle certas propiedades á comida (maior durabilidade, sabor, textura, etc). Normalmente veñen na lista de ingredientes de diferentes xeitos:
- Ca letra "E" e un número de tres ou catro díxitos. Exemplo: E955
- Co nome do composto químico. Exemplo: Sucralosa
- Co nome da función. Exemplo: Colorante (Rojo carmín)
O traballo consiste no seguinte:
- Elexide productos de alimentación de calquera tipo (na casa ou no supermercado cando vaiades a comprar) e mirade a etiqueta posterior para buscar un aditivo (só un por producto).
- Sacádelle duas fotos do producto na vosa man: unha pola fronte onde se vexa a marca e outra da parte de atrás onde se vexa a lista de ingredientes do aditivo. As fotos adxuntas son un exemplo.
- Consultade na páxina https://www.aditivos-alimentarios.com/ cal é a sua toxicidade (alta, media, baixa) e anotade nunha folla escrita por vos os efectos na saude (se os ten) que produce. Sacádelle unha foto á folla onde anotedes toda esa información.
- Debedes procurar mínimo 15 aditivos diferentes de productos diferentes e con toxicidades diferentes (procurade buscar exemplos con toxicidade alta, media e baixa)
Para a entrega do traballo tedes varias opcións:
- Facer un arquivo PDF con todas as fotos e entregalo aquí na Aula Virtual.
- Imprimir as fotos e entregalo en formato papel na clase de Educación Física
- Mostrarme as fotos desde o voso movil (A letra ten que ser leexible)
O prazo de entrega do traballo é o 8 de Marzo
Calquera dúbida ou problema co traballo, preguntádeme directamente a min (con tempo).
Un saúdo,
Alberto Fernández
- 15 de febreiro de 2026, 10:04 AM
- 15 de febreiro de 2026, 10:04 AM