Section outline
-
-
Última explicación do traballo de dinamización.
-
Bo día, tedes aí un documento onde recollo de xeito moi detallado todo o que debería conter o proxecto. Espero que vos sirva de axuda.
Tedes tamén unha tarefa para que entreguedes pola Aula virtual o proxecto. Facede unha portada onde apareza o nome do proxecto e os membros do grupo, así que chega con que faga a entrega un/unha de cada grupo. Data límite: martes 15 de marzo, ás 11:20 horas.
RECORDADE: EN DOCUMENTO PDF
-
-
-
Neste documento recollo unha parte da programación da materia, explicada xa na clase.
-
-
Esta tarefa está creada para a entrega dos traballos do alumnado que non puderon realizar actividade física no 2º trimestre por lesión ou enfermidade xustificada.
RECORDADE: DATA LÍMITE, O MARTES 15 DE MARZO, ÁS 11:20
-
-
O proxecto deste terceiro trimestre como xa vos expliquei en clase, consiste na organización e posta en práctica dunha carreira de orientación para o alumnado de 3º e 4º da ESO.
O paso previo é facer un traballo de campo, mapa e terreo, localizando elementos balizables idóneos para utilizar como puntos de control. Necesitamos, así mesmo, cubrir a planilla da folla de descrición de controis, segundo a normativa internacional, que informan aos corredores/as da situación exacta da baliza.
DESCRICIÓN DA TAREFA:
- Escoller in situ, empregando o mapa entregado, un elemento balizable. Un cada alumno/a.
- Revisar o material entregado, ou investigar na internet, sobre a descrición de controis en orientación, ata cubrir todas as columnas da folla.
- Introducir esa información no seguinte documento compartido para non repetir os controis.
- Realizar estas actividades antes do domingo, as 23:59 horas.
-