Section outline

  • Ola a tod@s!

    O obxectivo desta Aula virtual vai ser complementar os contidos prácticos vistos nas clases, a través de apuntamentos, fichas de repaso, videos e outros recursos, así como servir de referencia no caso de non poder asistir ás clases presenciais.

  • Bo día,

    como xa vos comentei o venres, hoxe non estarei en clase, e como creo que non tedes aínda os ordenadores, déixovos aquí unhas preguntas que tedes que responder nun folio no que indicaredes o voso nome e apelidos.

    As preguntas son as seguintes:

    1. Escribe os deportes ou actividades físicas que realices de xeito organizado (entrenos habituais, competicións,...)
    2. Indica o horario das actividades que realices da pregunta anterior.
    3. Realizas algunha outra actividade físico-deportiva, aínda que non sexa organizada (que a fagas pola túa conta)?
    4. Indica frecuencia aproximada das actividades da pregunta anterior.
    5. Gustaríache practicar algunha outra actividade físico-deportiva que non realices agora? Cal ou cales?
    6. Indica o motivo polo que non as practicas.
    7. Canto tempo aproximado adicas ás pantallas (móbil, tablet, ordenador, tv,...) ao día, sen ter en conta o tempo adicado ás tarefas escolares?
    8. Consideras que eres unha persoa activa ou sedentaria? Por que?
    9. Consideras que estás en boa forma física ou non? Por que?
    10. Sabes o que é o IMC? Intenta explicalo.
    11. Recordas do curso anterior o que é a Zona de Actividade Física Saudable? Intenta explicalo.
    12. Cales son as capacidades físicas básicas?
    13. Indica unha proba para poder medir cada unha das anteriores.
    14. Escribe alguns/has d@s deportistas españois que conseguiron medallas non Xogos Olímpicos de Tokio. (Indica as especialidades)
    15. Que deportes e/ou actividades físicas che gustaría que practicáramos na clase durante este curso?