Section outline

  • Oradoiro en liña para o alumnado do IES Fontexería para a XXXI Semana Cultural

  • Benvidas e benvidos, 

    Neste obradoiro on line queremos fabricar un xogo de pezas de Xadrez propio, deseñado por todos e todas vos. Para iso, prepareivos uns videos explicativos de qué poderemos utilizar, e nos serviremos de unha morea de información que hai na rede. 

    Animádevos a participar, e xa veredes como nun abrir e pechar de ollos estaremos botando esa partida no vestíbulo do Instituto coas pezas que nesta semana ides facer. 

  • Aquí descrívovos as normas de funcionamento que imos ter. 

    • 1.- ¿Cómo facer para participar? 

      Pois moi sinxelo, poñede un post no foro de inscripción  co voso nome, apelidos e grupo, ide mirando a informacion,e entregade a tarefa. Abriranse varias tarefas para entregar a traves de Moodle. Cada unha das tarefas corresponde a unha modalidade de concurso, e decir a cada unha das pezas do xadrez. 

      2.- ¿En cantas modalidades podo participar? 

      En principio escollede unha modalidade, a que queirades, pero ahi tedes que ter en conta a estratexia: se colledes a mais doada (por exemplo un peon) ides ter mais competencia para o concurso. Asi que pensadoe ben, canto mais traballo dea, mais ides aprender e menos competencia logo.  

      3.- ¿Que pezas formarán o xogo? 

      Unha vez que pechemos o prazo de entrega de tarefas, faremos unha votacion desde esta páxina, e o modelo elexido por vos de cada unha das pezas, será o que levemos a imprimir. Non o podemos organizar agora, pero espero que poidamos facervos uns diplomas, ou algunha entrega de premios as persoas gañadoras. 

      4.- ¿Qué medios preciso e como aprendo a deseñar? 

      En principio cheagaría con ter una conta de gmail, e ou ben rexistrarse no Tinkercad ou ben baixarse e instalar o Frrecad. Por suposto, uin ordenador e conexion a internet. Para aprender, atoparedes moitos videotutoriais desdes dous programas na rede, e ademais vos preparei uns videos introductorios de cómo debedes facer. 

      5.- ¿Cómo entrego o deseño? 

      E moi importante que respetedes unhas sinxelas normas (habituais en Moodle) de entrega na tarefa: 

      obxeto_nome_apelido_grupo_grao.stl  Este e o formato que vos pido para as entregas, o arquivo stl nomeado deste xeito, por exemplo: 

      cabalo_roberto_dieguez_1a_eso.stl (e un exemplo) . Está perfectamente identificado o que se entrega e quen o entrega, todo en minúsculas e separado con quions baixos. 

  • Nesta primeira seccion colgareivos a informacion sobre como deseñar con Tinkercad en liña

    • Neste video vos presento o obradoiro, e vos dou unha idea de como usaríamos Tinkercad para facer o deseño en STL

    • Nesta páxina de BQ (que por certo e un fabricante español e que e a marca da impresora que temos) , podedes ver un pequeno tutorial para empezar con Tinkercad

  • Nesta seccion vos informo da utilización de Freecad para poder deseñar a peza. Freecad require de instalación, non e eliña, pero e un software libre e gratuito.

    • Aquí vos deixo unha pequena introducción que vos fixen para que saibades mais ou menos o mecanismo de obtección dun STL con Freecad. Non e un tutorial, e sinxelamente unha pequena guía do que teriades que aprender de Freecad para poder facer a peza. 

    • Vos deixo aqui a web oficial de freecad onde podedes facer adascarga do software.

    • Nesta ligazón podedes ver o primer tutorial desta serie onde con 40 capítulos faise un curso completo de fereecad, para ir aprendendo cada vez mais. E de hai tres ou catro anos, e algunhas cousas xa non estan actualizadas, pero para o básico nos sirve.

  • Aqui vos deixo unha pequena explicación do que pasará despois de ter os deseños, cando teñamos que imprimilos