Section outline
-
Bo día,
como xa vos comentei o venres, hoxe non estarei en clase, e como creo que non tedes aínda os ordenadores, déixovos aquí unhas preguntas que tedes que responder nun folio no que indicaredes o voso nome e apelidos.
As preguntas son as seguintes:
- Escribe os deportes ou actividades físicas que realices de xeito organizado (entrenos habituais, competicións,...)
- Indica o horario das actividades que realices da pregunta anterior.
- Realizas algunha outra actividade físico-deportiva, aínda que non sexa organizada (que a fagas pola túa conta)?
- Indica frecuencia aproximada das actividades da pregunta anterior.
- Gustaríache practicar algunha outra actividade físico-deportiva que non realices agora? Cal ou cales?
- Indica o motivo polo que non as practicas.
- Canto tempo aproximado adicas ás pantallas (móbil, tablet, ordenador, tv,...) ao día, sen ter en conta o tempo adicado ás tarefas escolares?
- Consideras que eres unha persoa activa ou sedentaria? Por que?
- Consideras que estás en boa forma física ou non? Por que?
- Sabes o que é o IMC? Intenta explicalo.
- Recordas do curso anterior o que é a Zona de Actividade Física Saudable? Intenta explicalo.
- Cales son as capacidades físicas básicas?
- Indica unha proba para poder medir cada unha das anteriores.
- Escribe alguns/has d@s deportistas españois que conseguiron medallas non Xogos Olímpicos de Tokio. (Indica as especialidades)
- Que deportes e/ou actividades físicas che gustaría que practicáramos na clase durante este curso?