Section outline
-
Sabedes o que é unha WebQuest? É un traballo de investigación e búqueda na rede sobre un tema específico. Hoxe e mais a semana que ven, ides traballar o con isto, así que organizádevos ben para estas 4 sesións.
Abaixo tedes un PDF cunha Webquest sobre Sidney (Australia), en cada apartado hai preguntas ou exercicios xunto con direccións de páxinas web onde atopar a resposta. Como vos dixen, traballaredes a WebQuest durante 4 sesións así que vos podedes organizar da seguinte forma: unha sesión para cada unha das 3 páxinas, e a última sesión para repasar ou completar.
1ª Páxina - Na actividade 2 mándavos facer preguntas en parella. O que ides facer é elixir unha das dúas opcións, facer as preguntas que vos mandan e contestalas vós mesmos.
Polo de agora NON me mandedes nada para correxir. Despois xa vos direi cómo facemos. Se tedes calquera dúbida, xa sabedes cómo contactarme. Ánimo e espero que vos resulte interesante!