Section outline

  • Actividades interactivas.

    O luns 27 ás 10 da mañá estará colgado nesta páxina o control sobre o tema 5. Todo o mundo debe facelo e envialo ó meu correo (rbeltrancarballeira@gmail.com) antes das 11 desa mesma mañá, tedes polo tanto unha hora para respondelo.

    O primeiro exercicio é un mapa de  Europa físico con accidentes xeográficos numerados, O que tedes que mandarme son as respostas así: 1- Ebro, 2- Mar Mediterráneo... (é un exemplo non puxen as respostas correctas).

    O segundo exercicio é outro mapa, neste caso sobre climas de Europa. A forma de contestar é a mesma: 1 Continental, 2- Polar....(por exemplo).

    O terceiro exercicio é unha combinación de preguntas tipo test e de verdadeiro/falso. A forma de contestar é 1-a, 2-a, 3-a, 4-a (Exemplos non respostas correctas) e 5.1- F, 5.2- V.... (unha vez máis son exemplos).

    Tedes que repasar os apartados 1, 2 e 3 do tema 5 para estar ben preparados. Aviso con tempo e tendes toda a fin de semana.

    Ánimo que non é moito.