Section outline

  • Nesta 3ª avaliación imos dar un repaso a temas que xa vimos ó longo do curso. Faredes as actividades interactivas que colgarei nesta aula virtual e despois fareivos un control, unha proba test ou de verdadeiro/falso que tamén colgarei no seu momento. Dita proba terá que ser entregada nun tempo moi concreto. Avisarei con tempo cando está dispoñible e o prazo para mandar a resposta ó meu correo que é rbeltrancarballeira@gmail.com

    Polo de agora no primeiro día de clase da semana que tendes comigo (luns20) facede as actividades que deixo aquí as veces que sexan necesarias ata que saian perfectas. Podedes e debedes axudarvos dos mapas do libro.

    O test xeneral leva o seu tempo, hai cousas que non vimos e polo tanto só pretendo que saibades máis despois de velo. Facédeo con calma, pausando o video e buscando a resposta nos mapas do libro ou por internet. Só é un xogo que ensina, é a actividade para o segundo día de clase (martes 21).

    Ánimo rapazas/rapaces, a ver se aproveitamos o tempo e aprendemos.