Section outline

  • Actividades a realizar polo alumnado do 16 ó 30 de marzo de 2020. Todas as actividades deberán estar feitas no caderno para seren revisadas e corrixidas á volta.

    Día luns 16 (grupos A e B).- 

    Ler as páxinas do libro de texto 122, 123 e punto 8.1 da páxina 124.

    Realizar as actividades 1 e 2 da páxina 122 e 3 da páxina 124.

    Ver os youtubes adxuntos:

    .

    Día martes 17 (grupos A e B).- 

    Ler as páxinas do libro de texto132 e 133.

    Respostar a actividade 6 da páxina 133. (os tres apartados)

    Dia mércores 18 (Grupo A) e fin de semana (Grupo B).-

    Ler as páxinas do libro de texto 134 e 135.

    Ver os youtubes adxuntos.

    Realizar as actividades 1b, 2 e 3 da páxina 134.

    Día luns 23 (grupos A e B).-

    Ler as páxinas do libro 136 e 137.

    Realizar as actividades 1,2 e 3 da páxina 136.

    Quero que imaxines que tes un restaurante en Mesopotamia. Terás que dicirme:

    -En que cidade está.

    -O nome do teu local.

    -O menú do día que ofreces: 1º prato, 2º prato, Postre, Bebida e o prezo.

    -Podes engadir algunha promoción para atraer clientes (música en vivo, sorteos...)

    PARA FACER ESTA ACTIVIDADE TERÁS QUE BASEARTE NA INFORMACIÓN QUE TES NO PUNTO 3.2 DA PÁXINA 136. NON ME POÑAS PATACAS NA COMIDA QUE NON AS COÑECÍAN! E POR CERTO SON UN CLIENTE ESIXENTE ASÍ QUE NON ME POÑAS INGREDIENTES SOLTOS, QUERO UN PRATO COCIÑADO COS INGREDIENTES QUE HABERÍA NESE LUGAR E ÉPOCA.

    Día martes 24 (grupos A e B).-

    Ler as páxinas 138 e 139 do libro.

    Responder as preguntas a, b e c da actividade 4 da páxina 139.

    Día mércores 25 (grupo A) e xoves 26 (grupo B).-

    Ler as páxinas 142 e 143 do libro.

    Define: escritura cuneiforme e cigurat.

    Ver os youtubes adxuntos:

    Día luns 30 (grupos A e B).-

    Ler páxinas 140 e 141 do libro.

    Fai un relato dun día na túa vida nunha cidade mesopotámica. Nel teñen que aparecer os termos: PATESI, TIGRE E EUFRATES, ISHTAR. Describe na redacción a túa vida na cidade tomando como exemplo Babilonia.

    Ver youtube adxunto: