Section outline

  • Boas a todas e todos, espero que esteades ben e que esto pase pronto. Oxalá repuxérades forzas estes días que falta nos van facer.

    Nesta semana só temos dúas horas de clase, polo que só imos a introducir o tema novo, dinámica, no voso libro a partir da páxina 128.

    Para este tema imos necesitar unhas ferramentas matemáticas como son traballar con vectores e un pouco de trigonometría, do que seguro xa sabedes algo. O que vos vou pedir esta semana é repasar eses conceptos. Para iso súbovos uns apuntamentos moi sinxelos desta parte, quero que nas dúas horas desta semana os revisedes e comprendades para logo facer os exercicios que van polo medio, tedes como data límite para entregalos o luns 20.

    Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.

    Saúdos e ánimo.