Section outline

  • Para a clase de luns e a do mércores tedes que facer os exercicios que nos quedan de MRU e MRUA do boletín da semana pasada ( exercicios 12,13,14,17, 18 e 19).

    Para a clase do xoves subo uns apuntamentos sobre o movemento circular uniforme (MCU), despois de lelos e entendelos poderedes facer os exercicios do boletín 15 e 16. Para a semana subireivos máis exercicios de MCU, se alguén vai moi adiantd@ podo colgalos xa esta semana.

    Subo tamén un repaso de formulación inorganica, posto que había xente que ía facer a proba nestas semanas, podedes facela todos e mandarma por correo para correxírvolas.

    Calquera problema que vos vaia xurdindo non dubidedes en poñervos en contacto comigo.

    Saúdos e ánimos