Section outline
-
Boas
Xa empeza outra semana, espero que esteades levando este confinamento o mellor posible, xa nos queda menos!
A maioría de vos está facendo un bo traballo, seguide así.
Esta semana imos seguir co tema que comezamos a anterior, traballaremos o concepto de velocidade e de movemento rectilíneo uniforme (MRU), que é aquel que leva un móbil que ten velocidade constante. Para que traballedes este tema súbovos uns apuntamentos o máis resumidos posibles, espero que vos resulten sinxelos. Na clase do luns 20 quero que leades os apuntamentos e os entendades, se tedes calquera dúbida preguntádeme.
Nas outras dúas clases que vos quedan teredes que facer os exercicios que están ó final, son un total de 6, polo tanto poderedes facer 3 cada día.
O grupo de 2º ESO A1 terá de prazo para entregalos ata o xoves 23 e o A2 ata venres 24.
Se tedes calquera dúbida poñédevos en contacto comigo.
Saúdos e ánimo.