Section outline
-
Boas a todas e todos, espero que esteades ben nesta xa terceira semana.
Luns 30 de marzo. Ides traballar A química na nosa vida (páxinas 118 e 119) e facedes os exercicios 25 e 26, estes exercicios debedes de facelos na libreta.
Martes 31 de marzo. A química e o medio ambiente (páxinas 120, 121 e 122) e visionades os seguintes videos
Choiva ácida
Efecto invernadoiro
Capa de ozono
Para a última hora da semana e do trimestre faredes o exercicio 16 da páxina 126, este exercicio debedes de de enviarmo ao meu correo con data límite o venres 3. Si podedes no mo mandar como unha foto, enviádemo mellor como un word ou un pdf.
Saúdos e ánimo que xa nos queda menos de reclusión, seguro que xa ides tendo ganas de volver a ter clase normal, quen o ía dicir. Coidádevos.