Section outline
-
Ola a todas e todos
Debido a que nos exercicios da semana pasada houbo bastantes erros na formulación e que esta é unha parte básica para poder facer as reaccións químicas e da química enxeral, esta semana ímola adicar a repasar a formulación. Para iso deixovos uns apuntamentos de repaso de formulación e uns exercicios. Os exercicios subinos en formato word para que os fagades nese mesmo formato e mos enviedes, para facilitar a corrección, se alquén ten problemas con isto pode enviarme con foto como ata agora. O grupo de 3º A ten que enviar a formulación o martes 28 e 3º B o xoves 30.
Ademais, deixovos as correccións dos exercicios de reaccións químicas da semana pasada e é importatísimo que lles botedes un ollo e que miredes o que non entendedes, eso mismo pedínvolo na semana 4 e moita xente non fixo caso. Dígovos esto, porque a seguinte semana empezariamos con videochamadas e a primeira estaría adicada as dúbidas sobre reaccións químicas.
Saúdos