Section outline

    •  A zona de actividade física saudable indícanos os límites de intensidade do exercício saudable.Supón a marxe de pulsacións nas que debemos atoparnos para proporcionar beneficios a nivel cardiovascular.

    • Neste cartafol tedes os documentos cos valores de referencia das probas da batería Dafis. Tamén unha folla orientativa para establecer as vosas conclusións na valoración da condición física facendo referencia a cada proba e a súa vinculación coa saúde. 

    • Neste cartafol están os ficheiros que necesitades para as diversas tarefas do proxecto. Incorporo unha folla de control coa que avalío os traballos realizados. O día do exame teórico ( da unidade 2 : Condición Física e Saúde ) , faremos tamén unha autoavaliación da vosa participación e posta en práctica no Magosto. 

    • Debedes cumprimentar no arquivo de powerpoint que se vos adxunta no cartafol da unidade , os xogos que acadáchedes na vosa búsqueda e enviarmos ao correo borja_facal@hotmail.com . Se polo peso ( tamaño ) do arquivo, vos da erro, ou para maior comodidade presentádemo nun disco extraíble no departamento de Educación Física antes da data sinalada. Recordade incorporar os audios para enriquecer a tarefa e darlle calidade.

    • Nesta situación de aprendizaxe daremos continuidade aos contidos vistos na 1ª Avaliación , a través de reflexionar na necesidade desenvolver un estilo de vida activo e saudable. Como actividade principal debemos planificar e levar a práctica un plan persoal dirixido a mellora e mantemento da nosa saúde. No eixe da actividade principal anterior , levaremos a cabo tamén diversas tarefas en relación cos contidos a tratar e que formarán parte da avaliación da unidade. 

    • Nesta tarefa de retos de condición física, distribuídos en grupos de 4 , debedes realizar os retos que aparecen na ficha. Estos teñen que facerse individualmente e serán evidenciados nun arquivo de vídeo por cada grupo.  

      Con estos retos traballaremos a mellora dos aspectos cuantitativos e cualitativos do movemento, favorecendo o desenvolvemento de disciplina, superación persoal , responsabilidade invidual baixo un contexto lúdico.

      Debedes enviar o arquivo de vídeo ao correo  borja_facal@hotmail.com . Tede en conta que polo peso (MB)do arquivo teredes que facer uso dunha plataforma de envío de arquivos de gran tamaño ( transferxl,wetransfer.. ). A data de recollida dos arquivos de vídeo remata o Martes 20/12 as 12:00. 

    • Como tarefa avaliable desta unidade didáctica Invictos ll , temos que autoconstruir un "Penalty Box".

      Para que sirve o Penalty Box ? Clickea no enlace

      É un material de acondicionamento físico que nos permitirá a través da súa utilización, a mellora autónoma de capacidades como a forza, resistencia, velocidade , axilidade , etc. Debido a súa funcionalidade e adaptabilidade permite unha gran variedade de exercícios para poñelos en práctica en función dos obxectivos a perseguir.

      Está formado básicamente por catro cadrados en forma de L , o cal permite no seu plegado un fácil e cómodo transporte para os días nos que os usemos na clase de Educación Física e para o uso no fogar ou en espazos ao aire libre. 

      No seguinte enlace tedes un recurso para guiarvos na autoconstrucción do voso Penalty Box , e recordade , debe ser con materiais de reciclaxe!! 

    • Nesta unidade didáctica levaremos a práctica o Ultimate. Deporte de colaboración-oposición con gran potencial pedagóxico ao ter que ser autoarbitrado e demandar "espírito de xogo". Faremolo a través dun enfoque táctico , onde a través dos principios e comportamentos técnico-tácticos iremos asimilando a lóxica interna deste deporte e os seus aspectos regulamentarios. Remataremos a unidade cun torneo culminativo de aprendizaxe. 

    • O Circo chega o IES Fontexería!!

      O proxecto Circusxería busca poñer significatividade ao traballo feito nos anteriores cursos ao Bacharaleto. Deste xeito, as diferentes actividades circenses tratadas ; habilidades de comba individual , comba larga e dobre , os malabares, o acrosport ..  e o dominio das artes escénicas terán o cumio neste proxecto artístico-corporal.

      O proxecto conta con tres fases ;

      1. Nunha primeira fase as diferentes atividades circenses serán solicitadas e aprendidas en parellas,tríos,cuartetos..  mediante a aprendizaxe basada en retos e a aprendizaxe cooperativa.

      2. A seguinte fase xá en grupos de 6-8 , buscará poñer en común os contidos aprendidos, con habilidades en grupo e coa integración de elementos de maior complexidade e especificade, aparecendo aquí os roles de especialistas . Como producción motriz grupal deberá confeccionarse un espectáculo circense.

      3. Nesta última fase deberá ponerse en escena o espectáculo de cada grupo.

    • Para continuar na progresión do espectáculo circense neste caso introducirémonos nos malabares. Farémolo con dúas das súas disciplinas ; as pelotas e as caixas chinas.

      Para poder levar a cabo este proceso de ensinanza debemos confeccionar tanto as pelotas como as caixas  e estas deberán estar feitas para o Martes 18 de Abril. A continuación deixovos uns tutoriais que nos guiarán na súa confección. 

      Pelotas de malabares : 

      Caixas chinas malabares ( titorial de confección e exercícios de familiarización ) :