Section outline
-
-
Debedes facer a entrega da rutina de forza - resistencia enviándome o enlace da mesma . Para obter este enlace , na aplicación tedes que clicar na pestana
. Copiades o enlace e enviadesmo nun correo a borja_facal@hotmail.com antes da clase na que levedes a práctica o voso circuito de forza - resistencia. O asunto do e-mail debe conter : nome_apelidos_ curso_circuito forza - resistencia. -
No cartafol dispoñedes de dous arquivos, onde un simplifica as regras do Spikeball e o outro é un regramento oficial da Spikeball Roudnet Association
-
Nesta unidade didáctica coñeceremos o Acrosport , definido como un deporte acrobático e coreográfico de gran compoñente cooperativo. Crearemos pirámides e figuras humáns , desenvolvendo habilidades ximnásticas e acrobáticas, e culminando a unidade cunha coreografía onde amosaremos elementos expresivos e coreográficos. Durante a unidade coñeceremos os diferentes roles existentes , as medidas de seguridade necesarias para a súa posta en práctica , así como os elementos técnicos básicos que debemos dominar .
Sen dúbida solicitaremos as nosas capacidades condicionais , forza ,resistencia e flexibilidade baixo actitudes de cooperación e participación con respeto e aceptación mútua cos compañeiros.
-
Como parte da asimilación dos contidos teóricos-prácticos desta unidade , na clase debedes construir de forma cooperativa cos vosos/as compañeiros/as, as figuras que se vos presentan no documento e que traballamos na clase. No documento hai que inserir as fotos como evidencias da construcción e execución técnica das figuras de forma correcta( linealidade, tensión, medidas de seguridade.. ) . Serán dúas fotos por cada figura ( plano frontal e plano lateral ). A data límite de entrega desta tarefa será o vindeiro Martes 24 de Xaneiro. Enviar ao correo borja_facal@hotmail.com
-
Como actividade culminativa de aprendizaxe debemos crear unha coreografía . Adxúntovos os documentos vistos na clase e que nos guiarán na creación da mesma. Tamén incorporo a rúbrica de avaliación para que teñades en conta os criterios a avaliar e os seus diversos indicadores de logro.
-
U.D 6 _ COMBA DANCE
Facéndonos eco do método de adestramento creado polo ex porteiro de F.C Barcelona Pinto , presentamos a unidade Comba Dance.
Nesta unidade didáctica sincronizaremos duas accións motrices como son saltar e bailar. Dándolle continuidade de novo os contidos relativos a confección de coreografías e a través da aprendizaxe basada en retos, aprenderemos as diferentes habilidades con comba e como introducilas e coordinalas con ritmo nunha canción. Desenvolveremos actitudes de autosuperación , esforzo e como non a creatividade, pois daremos significativade coa producción de propias coreografías.
Salto, baila e divírtete!!
-
O Smashball é un deporte de cancha dividida de recente creación pola Federación Holandesa de voleibol. Esta adaptación do voleibol pretende flexibilizar as regras e o dinamismo da actividade mediante a introducción da acción do remate como elemento motriz clave do xogo.
A organización da súa ensinanza en torno a este elemento do xogo (smash/remate), amáis das características reglamentarias, busca xerar unha práctica deportiva máis inclusiva, participativa e accesible para todos.