Section outline
-
-
Na presente situación de aprendizaxe , pretendemos potenciar o coñecemento do noso corpo, as súas posibilidades e limitacións practicando xogos tradicionais , permitindo así o coñecemento dunha parte importante da nosa cultura.
Na actualidade o influxo da televisión , os videoxogos é en gran medida o estilo de vida sedentario que levamos a cabo está provocando o seu desuso e que caian no olvido. Faremos unha búsqueda de xogos no noso entorno, reflexionaremos acerca da necesidade da súa práctica e rescataremolos para poñelos en práctica a través de diversas tarefas e atividades.
-
Lectura e reflexión do documento : xogo, tradición e cultura . Entrega na data sinalada en clase
-
Nesta unidade didáctica iniciarémonos nos deportes de raqueta a través do deporte alternativo do Paladós. Esta modalidade consiste no envío e devolución dunha pelota mediante unha das dúas palas que ten cada xogador/a por riba dunha rede que divide en dous a pista . Pero o máis importate é que o Paladós bríndanos a oportunidade de empregar materiais de reciclaxe para autoconstruir as nosas propias palas.
Ao longo da unidade melloraremos a coordinación das diferentes habilidades motrices básicas, e sentaremos as bases técnicas ,tacticas e regramentarias dos deportes de cancha dividida , baixo un enfoque de traballo cooperativo.
-
Como actividade avaliable , e fundamental para a posta en práctica desta modalidade deportiva, temos que autoconstruir as nosas propias palas de Paladós con materais de reciclaxe.
No enlace que se vos adxunta podedes visualizar como construir as vosas palas:
Eu xa fixen as miñas !!

Segue as instruccións detídamente , usa de forma segura os materiais e ferramentas de traballo e dalle o teu selo persoal as palas. Estou desexoso por velas!!