Proxecto interdisciplinario organizado polos departamentos de Inglés, Tecnoloxía e Música, destinado ao alumnado de 4º da ESO, cuxa meta pedagóxica é a creación dun podcast onde o alumnado narrará short stories clásicas da literatura anglófona. O alumnado poderá desenvolver destrezas como o hábito lector, a oratoria, a búsqueda e contraste de información, o emprego de música e sons axeitados ao tempo e espazo das historias, a gravación das voces teatralizadas dos personaxes e a edición de audio mediante diversas ferramentas TAC, entre outras. Os produtos resultantes publicaranse na plataforma Ivoox, permanecendo de acceso público para a escoita de quen desexe achegarse ás temáticas propostas. 

Neste curso atoparedes todo o material necesario para recuperar a materia de INGLÉS PENDENTE DE 1º ESO.

Os CONTIDOS figuran separados por trimestre e cada documento PDF inclúe o vocabulario e gramática de tres temas a repasar. Deste xeito, o 1º Trimestre inclúe os temas 1-3, o 2º os temas 4-6 e o 3º os temas 7-9.

Cada trimestre ten o seu BOLETÍN DE EXERCICIOS asociado. Como se obteñen estes boletíns? Pois, primeiro, a profesora na aula facilitaravos o 1º boletín correspondente aos contidos do 1º Trimestre a todo o alumnado con inglés pendente. Para recibir o seguinte, debedes entregar previamente o 1º boletín feito, que se vos entregará corrixido e co 2º boletín para que fagades. Repetiredes o mesmo proceso para chegar ao 3º boletín.

Lembrade que entregar todos os boletíns feitos ao 100% a tempo antes da data do(s) exame(s) pode supoñer un aprobado cun 5 a unha persoa que suspenda o(s) exame(s) cunha nota igual ou superior a 4 exclusivamente. Non entregar todos os boletíns ou entregalos a medio facer non conta.