- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Departamentos/Aulas
- Programacións
- Biblioteca
- Calendario
- ANPA
- Servizos
- Galería
- Contido recente
Prazo e lugares de presentación
- Reserva de praza: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de cada ano. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro de orixe do alumnado
Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar
No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte. A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado
- Extraordinario: aberto durante todo o curso académico, presentando nas dependencias das Xefaturas Territoriais ou nos centros educativos
Documentación necesaria
- Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
- Copia do libro de familia
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo