Saltar navegación

LaTex en eXeLearning

Cando estamos a facer materiais dixitais, a miúdo xorde un problema: como podo meter as miñas fórmulas matemáticas no meu proxecto? Con moitas ferramentas de creación terminarei tendo que utilizar imaxes, pantallazos dun documento Word ou ata fotos de algo escrito a man.

eXeLearning é diferente: incorporando un simple script podemos usar \(\rm\LaTeX\) para escribir as nosas fórmulas matemáticas nunha gran variedade de iDevices. Mentres a versión 2.5 aínda está un pouco limitada neste respecto, os novos iDevices que están en desenvolvemento tamén permiten usar \(\rm\LaTeX\) nos xogos educativos.


\(\rm\LaTeX\) permítenos escribir fórmulas dunha maneira moi sinxela, e reprodúceas dunha maneira profesional, sexa algo sinxelo como \(f(x)= \frac12\) ou algo máis complexo como \(x_{(1,2)}= \frac{-b \pm \sqrt{b^2 - 4ac}}{2a}\).


Aprender como usar \(\rm\LaTeX\) correctamente pódenos levar algo de tempo, pero aqueles de nós que utilizamos LibreOffice para escribir funcións matemáticas xa deberiamos saber algo diso. Por exemplo, onde o editor de fórmulas de LibreOffice déixanos mostrar a expresión " f(x) = ax^2 + 2 abx + b^2" en notación matemática correcta, tamén nolo permite eXeLearning. Unha vez engadido o script, simplemente escribimos

\(fórmula)\)

no editor de texto, e verase desta maneira:  \(f(x) = ax^2 + 2abx + b^2\).

\(f(x) = \sqrt{ax^2 + 2abx} + b^2\)

daranos:  \(f(x) = \sqrt{ax^2 + 2abx} + b^2\).

O script para incluír MathJax, a máquina de formulación matemática máis utilizada, é sinxelo:

<script type="text/javascript" async="" src="https://cdnjs.cloudflare.com/ajax/libs/mathjax/2.7.2

/MathJax.js?config=TeX-MML-AM_CHTML">// <![CDATA[


// ]]></script>

Para incluílo, só fai falta abrir o vista html dun idevice no nodo onde o imos a utilizar, pegalo, e confirmar. Tamén o podemos poñer no pié de páxina (en Propiedades) para telo dispoñible en todos os nodos. A partir de agora todos os iDevices do nodo que sexan compatibles aceptarán a formulación con \(\rm\LaTeX\).

\(fórmula)\)

na fórmula que escribísemos. Con todo, este método require unha conexión ao Internet activa -pode haber problemas se non se dispón dela.