Foro de comunicacións

Información sobre o test CDD

Información sobre o test CDD

por Ana Cruz Castro Mouriño -
Número de respostas: 0
Boa tarde.
Déixovos aquí a mensaxe que recibimos esta mañá da nosa mentora ADIX:

Imaxe de Julia Isabel Sainz Vaquero
Test CDD
por Julia Isabel Sainz Vaquero - Xoves, 3 de Febreiro de 2022, 12:33
 

Informamos que dende o 8 ata o 28 de febreiro, estará dispoñible en FPROFE o test CDD. Como se informou ós directores, todo o profesorado do centro deberá facelo nesas datas, incluído o profesorado substituto. Serán as direccións as que informen ó claustro.

Haberá que entrar en FPROFE no apartado cuestionarios na opción cubrir. O test poderase facer nunha sesión ou ben en varias, sen máis que darlle a opción gardar para logo continuar cubrindo. É importante escoller gardar ou ben gardar e finalizar. No primeiro caso garda e queda aberto para continuar ou modificar respostas, mentres que no segundo se remata.

No caso de finalizar o test, este nos indica un nivel de competencia dixital de menos a máis, segundo as mesmas siglas que coas linguas: A1, A2, B1, B2, C1 e C2. Ademais podemos xerar un informe personalizado que recolleremos no buzón de informes.

O test é de carácter informativo, non é unha acreditación das competencias se non unha orientación das mesmas.

Por último calquera dúbida preguntade nos foros e procuraremos atendelas.


Un saúdo 

Ana