1. INFORMACIÓN BÁSICA PARA COMENZAR

1.7. MATERIAIS

MATERIAIS. O uso exclusivo de materiais impresos supón, en moitos casos, unha barreira para a aprendizaxe. Son recursos ríxidos que limitan a forma de acceder e interaccionar coa información. (Alumnos-as con discapacidade visual, dislexia, que descoñece o idioma, ou simplemente os que aprenden mellor por outras vías). FERRAMENTAS TIC; a temática que nos ocupa.

- Materiais que contribúen a alcanzar os obxectivos de aprendizaxe. Ao incorporar as TIC observamos as seguintes prestacións:

Facilitar o acceso á información. Soportes audio-visuais, organizadores gráficos, listas de verificación, glosarios, enlaces o hipervínculos a información complementaria...

Mellorar a interacción dos alumnos-as co material: opción de resaltar (cor, subliñado, cursiva,…), toma de notas, opcións de responder de múltiples formas (escribir un texto, gravar un audio ou un vídeo, facer un esquema ou debuxo, infografías,…).

- Materiais que implican activamente aos alumnos-as na súa aprendizaxe. Contrastar información ou buscala no formato desexado contribúe a motivar e a involucrar. Participando na busca e creación de contidos.

EXEMPLO: Unha comparación; temática climas terrestres.

Opción con libro de texto para facer un resumo ou un cadro comparativo.

Opción con medios dixitais e internet; eles-as mesmos-as investigan, obteñen información accedendo ademáis a través de fotografías, vídeos,…

Por outro lado; blogs, foros,… permiten construir coñecemento e poñelo a disposición. Expoñen, acceden, interacción,… enriquecéndose.