1. INFORMACIÓN BÁSICA PARA COMENZAR

1.3. ELEMENTOS FUNDAMENTAIS DO CURRÍCULO SEGÚN D.U.A

Este apartado refírese ao proceso polo que un currículo (obxectivos, avaliación, materiais e metodoloxía) se deseña desde o principio, intencional e sistemáticamente, para facer frente ás diferencias individuais. Estas boas prácticas non soen estar dispoñibles para todos-as e normalmente ofrécense soamente cando os alumnos-as fracasaron nos currículos.

Por que determinados alumnos-as non aprenden o non desenvolven aprendizaxes no mesmo grao? (“Non se esforzan”, “non teñen interés”, “non dan para máis”,…. Así o peso do fracaso escolar cae no alumno-a).

As barreiras para a aprendizaxe non son de feito, inherentes ás capacidades dos alumnos-as, senón que son froito da súa interacción con métodos e materiais educativos inflexibles”. (Rose e Meyer, 2002)

O DUA proporciona un marco para deseñar obxectivos de aprendizaxe, avaliacións, métodos e materiais apropiados para todo alumnado, non cunha única solución para todos, senón a través de propostas flexibles que poden personalizarse e axustarse ás necesidades individuais”.