1. Que son os carmina Burana?

Os Carmina Burana son unha serie de cantigas medievais dos s. XII e XIII, que se conservaron nun único códice atopado a principios do s. XIX. O seu nome significa dos cánticos (do mosteiro) de Beuern, un antigo mosteiro benedictino de Baviera (Alemaña), cuxo nome latinizado é Bura.

Son cantos de goliardos, termo co que se designaba a clérigos vagabundos

e estudantes pobres, pícaros ás veces, que proliferaron por Europa no s. XIII co xurdimento das universidades.

A lingua predominante dos Carmina Burana é o latín, pois era a lingua franca da Europa medieval, pero hai tamén algúns poemas en alemán e francés antigo e hai, incluso textos macarrónicos, nos que se mestura o latín con estas linguas.

O tema destes poemas é o carpe diem, o  gozo por vivir e polos praceres terrenais,  exaltan o amor carnal, o viño, o destino e a sorte, ou desfrute da natureza. Moitos fan sátira aos estamentos sociais, sobre todo o eclesiástico. Dan unha visión oposta á que se formou nos séculos XVIII e segunda parte del XIX sobre a Idade Media como unha «época oscura».

Algúns destes poemas teñen notación musical orixinal, pero a versión máis coñecida foi a que fixo o compositor alemán Carl Orff en 1936. A obra de Orff foi a que popularizou estes textos.