CARMINA BURANA
1. Os Carmina Burana e os goliardos
Os CARMINA BURANA ("Cantigas de Beuern", en latín) son unha colección de cantos goliardos dos seculos XII e XIII, reunidos nun manuscrito encontrado no mosteiro de Beuern (Bura, en latín), no distrito
de Benediktbeuern Alemania, no século XIX.
O termo goliardo empregouse durante a Idade Media para referirirse a clérigos vagabundos, estudantes pobres e pícaros que proliferaron no s. XIII co xurdimento das universidades en España, Francia, Italia, Alemania e Inglaterra. Levaban unha vida disipada e buscaban acollemento en universidades, mosteiros (sen aceptar as súas normas) e mesmo mesóns e tabernas, onde podían recibir comida e viño a cambio da súa música. A etimiloxía do termo goliardo é escura, podería proceder de Goliat, personaxe bíblico asociado co demo, ou do latín gula, polo seu apetito.
Os Carmina Burana foron atopados a principos do s. XIX nun códice policromado. Están escritos na súa maioría en latín, porque daquela era unha lingua franca que se entendía en toda Europa. Hai varios tipos de cantigas, pero as máis coñecidas son as que falan dos praceres terrenais e do amor. Nelas faise crítica de todas as crases sociais e, sobre todo, dos poderosos: os nobres, o rei e o clero.
Algunhas cantigas teñen notación musical neumática, propia dos s. IX ao XIII, na que non se especificaba o ritmo.
Estas cantigas fixéronse coñecidas no S. XX, cando o alemán Carl Orff as musicou entre 1936 e 1937. A cantiga máis coñecida é O, Fortuna, que fai referencia ao tópico literario da fortuna variable, representada como unha roda que varía de posición e fai que os que están arriba acaben abaixo.