Section outline

  • Lecturas moi recomendables:

    El ejército perdido, de Valerio Massimo Manfredi: baseada na Anábase de Xenofonte, a retirada do exército mercenario grego que no 401 a. C. acudira en axuda do príncipe persa Ciro no Novo para destronar a seu irmán Artaxerxes, contada por unha rapaza que abandona o seu mundo para seguir a Xenofonte, un dos xefes da expedición.
    El asedio de Troya,  de Theodor Kallifatides:  durante a ocupación nazi de Grecia, unha mestra relata aos seus alumnos a guerra de Troia para distraelos do horror da guerra. Magnífica e poética versión da guerra de Troia sen a intervención do deuses.